leoeosseus

sábado, 7 de novembro de 2020

Sobre bares e sanidade


 

Fun lavar a roupa do choio ao mediodía e percorrín ese Vilaguindastre case fantasmal polo tempo gris e os bares fechados. Restaurante Castro, Platinium, El Sol, O Lar de Lore, Pizzería Argentino 2, Hamburguesería Alhambra, Cafetería O Porriño, Scala, La de Chato, La Bici, Maracaná ( que abriu despois de pechar Rami no confinamento de marzo ), Pantera Rosa, Val do Louriña, A Capela, Club Gesma ( que non sei se pechará que hai obras e furgonetas alí ), Pensión Puente, Restaurante O Carreteiro, Churrasquería Pontenova, Que Che Apetece ( que leva uns días con papeis nas fiestras coma se foran reformar ), Nuevo JJ, O refuxio do Peregrino e Meigas; todos fechados por un mes de momento. É triste pero necesario.

Como tamén sería necesario extremar  o control de residencias de anciáns que, despois dunha vida de traballo e cando merecen descansar morren coma moscas... e non van de cafeterías !

E non falamos das probas que ou non as fan, ou tardan (  coma este novo Blogger ) ou mandan o resultado negativo por mensaxe de teléfono a quen non fixo a proba. Verídico 100% !

Na foto sai o meu penúltimo café nunha cafetaría.

Etiquetas: ,

1 comentarios:

Ás 19:24, 10/11/20 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Como deve saber, por cá também se aumentaram as restrições ao livre movimento por causa da epidemia.
Abraço e cuidem-se amigo, que o tempo não está para brincadeiras.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio