Embotellando
O venres foi todo ben no centro médico. O médico foi mui agradable e bromeou con Leo. Explicaba as imaxes e cantaba mentres traballaba. Á noite ceamos nunha marisquería coa miña irmá e o meu cuñado.
Como Ana estaba ben o sábado fomos a Arbo a axudar a embotellar ós pais e ó avó Ricardo. Tranquilos que Ana non fixo muito esforzo que só puña as rollas na encorchadora.
O domingo fomos visitar ó noso cuñado que tiveron que operalo do intestino. Foi un bo susto pero non hai complicacións. Iso sí, pasamos a tarde cos sobriños e a xente miraba para nós como con mágoa; debían de pensar que xa tiñamos dous fillos e estabamos a esperar polo terceiro.
E así foi a fin de semana: movidita.
3 comentarios:
bueno, mentres non vos xestionasen a petición de familia numerosa, hehehe...
un saúdo.
auga, faiseme a boca auga ao pensar nun viño da terra artesanal.
oh vaia, nin que eso fose unha mágoa!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio