leoeosseus

luns, 4 de setembro de 2006

Peugeot do avó


Parecerei pesado; pero e se Leo nace no coche camiño do hospital ?. A tía del houbo nacer neste Peugeot. Ó millor é un rasgo herditario.

Etiquetas: ,

6 comentarios:

Ás 04/09/06, 22:29 , Blogger moucho branco dixo...

non ho... todo pode ser, pero só co que se tarda en dilatar moi lonxe teríades que estar do hispital... con que estedes mais para aquí de Valencia é difícil... :)

saúdos

 
Ás 05/09/06, 13:01 , Blogger Elianinha dixo...

Sería unha excelente anécdota. A meu irmán cativo case lle pasou, e a día de hoxe aínda choramos coa risa cando pensamos en todos os absurdos que se sucederan na tarde: miña avoa cun pano branco pola ventanilla do coche, miña nai deitada porque meu irmán xa se escapaba, discusión co celador que non entendía que non podía sentarse que xa lle saía o rapaz para fóra, meu pai... ben, de meu pai mellor non falalo, jajaja.
Esa é unha forma de chegar ao mundo triunfando. Non pasa nada. Ademais, de cativos sempre envexamos a aquel que lle pasou a cousa máis rara: eu lembro unha amiga que nacera nun taxi, todos os que naceron de noite (eu nacín ao mediodía, non causei ningunha perturbación nin nada). Eu nacín dun xeito "gris".

 
Ás 05/09/06, 13:08 , Blogger X dixo...

Paideleo non tema, ha nacer.

 
Ás 05/09/06, 15:39 , Blogger torredebabel dixo...

pois neses caso, terá un gran futuro na F1! tranquilo que vai nacer nunha sala de partos, rodeado de médicos e os seus pais.

 
Ás 05/09/06, 18:56 , Blogger paideleo dixo...

A verdade é que o importante é que o parto sexa normaliño.
Graciñas polas vosas palabras.

 
Ás 07/09/06, 01:21 , Blogger Nemeth dixo...

que naza onde teña que nacer, pero que veña ben e con ben :D tranquilo, que ha de ser asi!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio