leoeosseus

mércores, 25 de outubro de 2006

Cantinela da cara torta



Como podes ver o Colín admite o novo inquilino da casa sen muito problema. Hai veces que se extraña cando oe algún peidiño que lle escapa a Leo pero o problema non pasa de aí e non se notan excesivos ciumes.

O Leo segue progresando neste mundo e bota as primeiras bagullas líquidas (os nenos non teñen saco lagrimal cando nacen). O que leva pior son os gases que o poñen rallante e fan que retorza a cara en mecos lastimosos. A avoaM, nese caso, dálle un coliño e cántalle unha cantiga que eu non coñecía:

- Fun onda miña madriña que me dera merendiña. Deume unha cunca de papas; a cunca estaba fanada i a culler esfanicada e chaménlle CARA TORTA e deume ca tranca da porta.

Ata a seguinte.

Etiquetas: , ,

11 comentarios:

Ás 25/10/06, 21:25 , Blogger moucho branco dixo...

e antes de que te des conta andará xa a correr pola casa...

un saúdo.

 
Ás 25/10/06, 21:42 , Blogger Nemeth dixo...

que linda familia!

que ben que O'Leo teña unha avoa que lle cante cantigas. Cun pouco de sorte, ti cantarasllas aos netiños :)

unha aperta

 
Ás 26/10/06, 01:40 , Blogger Torreira dixo...

Fermoso

 
Ás 26/10/06, 02:10 , Blogger *Sara dixo...

Que riquiños! Alégrome de que todo vaia ben. :)

 
Ás 27/10/06, 20:06 , Blogger torredebabel dixo...

tamén tiven (e teño!) unha avoa que me canta -ainda hoxe cos seus 90 anos- cántigas desas. E eu son dos que creen que sanan males, escampan penas e fan medrar mais feliz. Apertas á avoa cantareira e aos pais e a Leo!

 
Ás 27/10/06, 20:06 , Blogger torredebabel dixo...

tamén tiven (e teño!) unha avoa que me canta -ainda hoxe cos seus 90 anos- cántigas desas. E eu son dos que creen que sanan males, escampan penas e fan medrar mais feliz. Apertas á avoa cantareira e aos pais e a Leo!

 
Ás 28/10/06, 00:58 , Blogger Laurindinha dixo...

Que bonitiño está Leo! Dentro de nada xa o veremos a gatear por aí...
Saúdos!!

 
Ás 29/10/06, 12:06 , Blogger Paco Penas dixo...

¡Disfrutao Pedro, deseguida pasa...!

 
Ás 29/10/06, 19:52 , Anonymous Anónimo dixo...

Que ben están na foto, da gloria velos.

Beijos para os tres e para o retratista.
;)

 
Ás 30/10/06, 19:04 , Anonymous Anónimo dixo...

Fermosa cantiga. Así pasan todos os males.

 
Ás 03/11/09, 18:27 , Blogger Paz Zeltia dixo...

unha imaxe preciosa, a foto.
e unha cantiga que non coñecía.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio