leoeosseus

luns, 16 de outubro de 2006

Arrolando o nécoro



Estes días non teño muito tempo para escribir, xa sabes: visitas, o mal tempo, o Leo que non lle gusta muito o coche, malas tardes que dá o necoriño ( non muitas por fortuna) e demáis cotiandades. Iso si, aínda puiden tirarlle unha foto a uns novios veciños de raza xitana que pasaron diante da ventá.

E así segue a vida: mentres uns casan outros arrolan o seu fillo no colo que tamén ten o seu intringuilis e a ledicia que dá conseguir que por fin durma.

Ata outra.

Etiquetas: ,

8 comentarios:

Ás 16/10/06, 22:30 , Blogger leco dixo...

Creo que xa o dixen algunha vez no dos pelachos pero é que para nós hai un antes e un despois de Duérmete Niño. (Por certo, teño o e-book. Se o queres podo pasarcho por mail).
Bks

 
Ás 17/10/06, 00:29 , Anonymous Anónimo dixo...

Por unha parte, a min dame moito medo o de ter fillos, pero, por outra, xa empeza a apetecerme :)

 
Ás 17/10/06, 02:24 , Blogger torredebabel dixo...

é ese momento no que sintes a respiración fonda e o corpiño pesado e deixandose ir no que sintes que es un bo pai/unha boa nai. O resto todo dúbidas...

 
Ás 17/10/06, 08:34 , Anonymous Anónimo dixo...

Perdoámosche que escribas menos...
ainda que nos guste tanto visitar o teu blogue ;)

 
Ás 17/10/06, 22:17 , Blogger Nemeth dixo...

vodas curiosas as xitanas...

que sigades progresando no coñecemento mutuo acedre-leo. moi boa opción a de non bautizar o cativo, tempo terá de facelo se quer. O importante é educalo con xeito e con valores. De seguro que facedes moi ben!

unha aperta

 
Ás 18/10/06, 00:31 , Blogger Colazo dixo...

perdoa pola miña ausencia e polo que é peor e agora fago, mil parabéns á familia pola chegada do necoriño.

Un saúdo!!

 
Ás 18/10/06, 19:43 , Blogger Veloso dixo...

Que tal vas levando o das horas de sono perdidas? E o dos cueiros? Éntranche ataques de pánico -como sen dúbida me pasaría a min se me vise no caso- cada vez que Leo chora e non sabes a razón? Estades a vivir un tempo precioso. Gozáedo.
Unha aperta.

 
Ás 18/10/06, 21:50 , Blogger moucho branco dixo...

as primeiras semanas son difíciles e maravillosas ao tempo, ;)

un saúdo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio