Comparando pasado co presente
Onte saiu Kiko do GH de Telecinco. O tal Kiko seica é veciño meu pero non o coñezo. A min non me cai nin ben nin mal e será como calquera coas súas chatas e as súas cousas boas. En fin. Ó que ía eu é que na Galega están a pór un programa parecido pero que a min paréceme máis interesante porque son dúas familias actuais vivindo nunhas casas de campo de hai cen anos. Este programa seméllame máis didáctico e máis emocionante.
O Leo, se lle tocase vivir nesa época, ó millor vivía na casa da foto que é dunha tartaravoa de Arbo. Supoño que Leo será un privilexiado por tocarlle vivir na época actual. Non sei.
9 comentarios:
Leo sempre poderá restaurar a casa de Arbo independentemente do feliz que sexa nos tempos que lle tocan vivir
E, ademáis, os tempos, coma as xentes, teñen todos as súas chatas e as súas cousas boas, ¿non é?
se Leo é privilexiado é polos pais que ten, polo agarimo co que é criado, e non -digo eu- pola época na que naceu. Que todas tiveron as suas cousas boas e as suas espantosas...
concordo con torredebabel, cada época ten as súas cousas. Hai que aproveitar as boas e levar as malas o mellor posible
Ratifico totalmente o comentario de torredebabel. Supoño que o máis importante é o contorno inmediato, o agarimo dos pais, dos amigos e da familia...
Cómo é o mundo xa sabemos todos, unha de cal outra de area. En calquer caso como dicía José Agustín Goytisolo en 'Palabras para Julia': "La vida es bella, ya verás, como a pesar de los pesares, tendrás amigos, tendrás amor, tendrás amigos..."
Pois iso, apertas e bicos para os tres e moitos agarimos ao necoriño.
Estou de acordo con todos vós: tódalas épocas teñen os seus máis e os seus menos e hai que ir sorteando obstáculos.
O Leo de momento só necesita calor humana, cariño, leite e unhas mudas e está ben atendido nestas necesidades así que vai ben.
Un saúdo e graciñas polas vosas palabras.
Teño curiosidade por ver ese concurso da galega. Ah, e outra curiosidade: que tal se leva o Colín co Leo? Un saúdo moi cordial.
¡Sempre se vive no millor mundo dos posibles, non hai volta de folla...!
O mundo de Leo estámo-lo "amañando" nós. Esperemos que lle quede un anaquiño para respirar e disfrutar ao aire libre.
Saúde e terra compañeiro.
Si, o programa da galega parece moito máis interesante que o Gran Hermano convencional... ademais de que o modelo de concursante non ten nada que ver...; teño ganas de ter tempo para velo algo máis de tempo... bicos para o pai e para Leo!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio