Curiosidades no camiño a Arbo
O domingo fixo bo tempo e puidemos ir ata Arbo. O Leo ía tranquilo e esperto no coche e logo quedou durmido. O camiño a Arbo ten algunhas curiosidades que poden pasar desapercibidas se un non se fixa. Nós levamos feito este camiño as veces suficientes como para coñecer os puntos curiosos da rota.
E hoxe vou mostrar dúas curiosidades: o letreiro dun curandeiro en Tortoreos, As Neves; e un canastro feito cen por cen de metal en Vide, As Neves.
Dende logo que os donos destas curiosidades darían para unha novela ou ben un conto.
Etiquetas: arbo, curiosidades, personaxes
13 comentarios:
... e tanto, :D
O do curandeiro é boísimo, hahaha!
Saúdos!!
Isto daba para unha saga completa. Concordo con David, o do curandeiro é demasiado. Eche o que ten a modernidade.
Isto si que che é modernidade: un "atador" ou "compostor", que é como se lles chama aos curandeiros de ósos na miña zona, anunciándose con luces de neón! Realmente xenial.
Paideleo, gustariame saber máis da flor que aparece na foto dun post anterior á que chamaches tollemerendas. É realmente tóxica? Tén bulbo? Estes días tivemos unha discusión sobre este botánico tema, dubidando se era esta flor chamada en español "azafrán" ou "cólquico", e quedamos coa dúbida. Ti podesnos aclarar algo?
Para facer unha novela surrealista.
Hostia paideleo...hoxe andamos coincidentes en temáticas a mais de 600 km..a coidarse
curiosidades que pasan desapercibidas a maioria da xente que vive no lugar, moita dirá ollando o canastro ou cabeseira "que bonito é" ¿
máis sabe, de verdade, canto bonito é que bonito é?
Un saludo Pedro, nesta mañan meona(polo orballo) e resacosa por outras cousas que prefiro calar ;-)
Jeje, xa sabes, "renovarse ou morrer..." ;)
seguín a actualidade do teu familiar sen sabelo, outra vez chego tarde... e xa van dúas :-(
E por 2ª vez tamén me aledo do desenlace.
Un saúdo!!
Lástema de cabaceiro...
Levo varios días pensando en como lle chamaba a avoa o cabozo e acordeime agora: "goxa".
Cando estaba nos EEUU eu pensaba que alí había xente rariña pero por aquí tamén temos as nosas personaxes particulares, non ?.
Se sumamos as vidas destas xentes temos para unha boa película ou unha serie.
Un saúdo para todos e alédome de que vos gustase a foto do curandeiro que só lle faltaba que lle escribisen Habilio no cartel.
fotos prao concurso de aduaneiros :)
moi boas!
E digo eu que o "compoñedor" non cobrará a voluntá que terá tarifa de prezos e todo non?
Boísimo!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio