Thursday, November 30, 2006

O compañeiro marroquino



O meu novo traballo é nunha empresa de granito da que non vou dicir o nome. Estou no parque de bloques que son eses "azucarillos" de dez a vinte toneladas. Veñen en camión e hai que "aparcalos" cun guindastre ata que se leven a cortar. Tamén estou encarregado de cargar dúas cortadoras de bloques en chapóns e limpar a zona.

Os compañeiros son do suroeste de Galicia menos un marroquino que é o meu mestre. O seu apelido é Nonmefaledes e chapurrea un galego-portugués simpático. Aparte de ensinarme o choio ensinoume a dicir graciñas en árabe: sokrán e escribiu o meu nome en árabe, como ben se ve na imaxe.

En canto á familia dicir que todo vai ben. O Leo ri e gaguexa e segue medrando e engordando.

Ata outra.

10 comentarios:

jan said...

Sinxelo e fermoso...eu tamén teño escrito o meu, e o do Xeógrafo...heino de fotografar para facerche a competencia (je, je).

Alédome moito de que o pequecho vaia medrando e enghordando e de que esteades todos ben...

Unha apreta forte para os tres!!

Torreira said...

Dalle duro ao granito (de porriño?) paideleo e ánimo

torredebabel said...

sentache moi ben o árabe para escribir o teu nome. Graciñas polas cronicas que sempre deixas. Mereces un premio ao mellor cronista do blogomillo...

cris said...

Vexo que o traballo inspira igual de ben e que tamen topas con xente interesante. Que todo vaia ben!

Laurindinha said...

Pois paréceme un traballo moi entretido... sobre todo porque aprendes idiomas... ;)
Saúdos!

*Sara said...

Cando fun a Túnez tamén me escribiron o meu nome en árabe e unha das sílabas parece unha cara sorrinte, é curioso... E un guía aprendeunos a contar ata 5 e... a brindar!!
Xa teño ganas de ver unha foto de Leo, seguro que está precioso!
Biquiños

ictioscopio!! said...

que ben que todo vai ben :)

Mrs.Doyle said...

Salam.

Aproveita esa man que che ofrece achegarte á fascinante cultura marroquí...

Besalama.

ghanito said...

Agardo que a xente deste traballo sexa tan boa coma a que atopaches en Virxinia.
Unha aperta

X said...

Pois non se pode negar que lle quedou bonito.