leoeosseus

mércores, 6 de decembro de 2006

A matanza



Hoxe foi festivo para todo o mundo menos para os porcos en Arbo. Muita xente aproveita estes días para matar e os bisavós de Leo non ían ser menos. Axudei a picar cebolas e din que hai un truco para non chorar mentres as picas e consiste en pór unha casca de cebola na cabeza. No xantar e na cea houbo conversas falando de matanzas e outros temas. Tamén houbo de cea zarrabullo que é unha sopa de cotobelos con castañas e fígado de porco. Normalmente bótanlle o sangue tamén pero desta vez non lla botaron pero estaba mui bo, para o meu gusto. Logo houbo arroz con carroleira que é a carne das vértebras do pescozo.

Dende logo, o porco e as súas partes ten unha nomenclatura mui grande e así miña sogra sempre me canta: " O pedro e mailo bandullo foron á festa do cabo do mundo. Coma o pedro era un bellaco matou a tres, matou a catro ". A cantiga supoño que seguiría pero miña sogra non sabe máis.

En canto a Leo, na foto podedes ver o naipelo todo maior co esa roupa e unha rabuñadora no nariz que aínda non controla as mans. Ás mañás, cando esperta, bótalle un sorriso a Ana e cando chego o mediodía para xantar tamén me sorrí e é mui bonito.

Etiquetas: , , ,

11 comentarios:

Ás 07/12/06, 04:58 , Blogger besbe dixo...

Bonito e guapo e feitisimo e abrigadísimo o pequeno :) E non poñas cebolas na cabeza ho!
Un bico e un saúdo a toda a familia!

 
Ás 07/12/06, 15:33 , Anonymous Anónimo dixo...

está para comelo, o leo!, :D

un saúdo.

 
Ás 07/12/06, 22:40 , Blogger Suso Lista dixo...

Eche ben ghuapo o rapás. Cando medre, se o deixas en Arbo, ha lle de dar escola miña irman, que anda por ahí.

 
Ás 08/12/06, 01:14 , Blogger leco dixo...

Está feito un homiño! Que cousa máis linda!!!

 
Ás 08/12/06, 12:57 , Blogger Paco Penas dixo...

Xa está feito un nenazo, non me estraña nada, co que nos contas do S. Martiño.
Había un home polas terras de Lalín que sabía diferenciar cos ollos pechados até trinta e sete sabores diferentes do porco.Tamén contan que nunca había bicado unha muller, aquí esta o segredo dese depuradísimo paladar degustativo. E que os bicos...
Saúde e terra, Pedriño.

 
Ás 08/12/06, 17:42 , Blogger Colazo dixo...

dentro de pouco vai ser el o que che conte contos!!

Eu linche o teu pensando que era real e xa me imaxinaba ao Benigno comendo ovos de pomba ou gaivota, coa manía que lles teño dende que vivo en Vigo.

Non coñecía o zarrabullo, preguntareille ao meu pai, procurando no google atopei outro prato de matanza co mesmo nome e até un trasno chamado así
http://www.galespa.com.ar/zarrabullo.htm
http://www.gastronomiagalega.com/relatos/ozarrabullo.html

 
Ás 08/12/06, 21:39 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas a todos polos piropos para Leo e graciñas a Colazo pola ligazón co relato do zarrabullo, o trasno que non deixaba empreñar as vacas. O Leo non creo que vaia á escola de Arbo pero se é así xa levaremos algún xamón á irmá de Suso Lista.
O do home de Lalín é ben triste; ter o don de distinguir sabores do porco pero non ter bicado ningunha muller.
Graciñas a todos e un saúdo e non porei cascas de cebola na cabeza que seguro que é ineficaz.

 
Ás 09/12/06, 00:36 , Anonymous Anónimo dixo...

Está ben guapo coas súas manoplas. Unha apreta gorda para os tres.

 
Ás 09/12/06, 11:29 , Blogger X dixo...

Este naipelo xa vai para homiño, dá gusto velo tan ben, saúdos para toda a familia.

 
Ás 10/12/06, 12:01 , Blogger Mar e Lúa dixo...

Que cousiña guapa o Leo! Sempre acabo tropezando con este blog, así que o final decidín deixarlle un saudiño ó pequeno, porque me lembra moito ó meu afillado, que ten agora catro mesiños. O Leo debe ser maior, non? Tenme cariña de espelido. Que riquiño así todo abrigado...! Évos un neno ben guapo.
Biquiños e unha aperta tamén para os papis :)

Por certo, eu se corto a cebola coas lentillas postas non choro... Aí queda iso ;)

 
Ás 16/12/06, 18:47 , Blogger rifenha dixo...

Ainda me lembro dos meus filhos assim, pequerrechinhos. Agora, o mais novo jà tem vinteseis.
Os meninhos são coma pesseguinhos maduros. Recendentes e dóces.
Disfruta de cada momento mentras é pequeninho. Logo será adolescente teimudo e depois , ao medrar, o melhor amigo . Eu não sou mais feliz que quando viajamos ou celebramos algo os cinco juntos. Não hà nada melhor. Nem há nada em este mundo que se poda comparar.
Tou desejando chegar à Corunha, o dia 22, para abraçar aos meus dous mangalhões..

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio