leoeosseus

Monday, January 1, 2007

Derradeiro día de 2006



Onte foi o derradeiro día do ano e pasamos bastante do día por Vigo. Á mañá topounos nun centro comercial o amigo blogueiro Opaco e familia e o seu Pedriño quería acariñar a Leo. Despois de xantar no Firs dixen de irmos á praia e así o Leo puido coñecer a praíña onde o seu pai aprendeu a nadar. A praia ten o nome sonoro de O Cocho das dornas e está nunha punta de Samil, onde comezou o topless cando estaba proibido. O día estaba ventoso e o mar revolto e gústame cando está así e nos lembra a pouca cousa que somos.

Como non levamos cámara ilustro este texto cunha foto onde está o pai de Leo cos seus pais nesa praia.

Labels: ,

9 Comments:

At 1/02/2007 1:58 AM, Anonymous opaco dixo...

Un pracer coñecer á familia enteira, co Leo á cabeza :) Parabéns!

 
At 1/02/2007 2:36 AM, Blogger Nemeth dixo...

Que sorte ter unha praia perto, con bon e con mal tempo!

Feliz Aninovo! que O Leo medre a bon ritmo e que aprenda a ler nos Bolechas... eu tamén llos regalo aos meus sobriños pero con resultados máis que dudosos.

apertas fortes

 
At 1/02/2007 4:35 PM, Anonymous F. Miguez dixo...

Pois que sea un ano de moitos centímetros para o Leo, e que a felicidade que este lle truxo os seus se perpetue este 2007.

 
At 1/02/2007 6:53 PM, Anonymous pepe penas dixo...

Dende aquela medraches un chisco...agora semellas un pouco mais grande

 
At 1/02/2007 9:11 PM, Blogger torredebabel dixo...

a maior riqueza que pode ter unha praia é o son das risas dos que son felices nela. Vese ben que esa da foto é riquísima!

 
At 1/02/2007 11:09 PM, Blogger Suso Lista dixo...

Xa estamos no 2007 e non se acabou o mundo. Hai que seguir bogando. Bicos pra todos.

 
At 1/03/2007 11:10 AM, Blogger Dorvisou dixo...

Da gusto percibir a fertilidade do blogomillo.Así deste xeito a continuidade está asegurada...é curioso, dos dois cativos sempre estiven informado xa moito antes de nacer...agora ata teño curiosidade por coñecelos.
Un saúdo e os meus mellores desexos para o 2007.

 
At 1/03/2007 3:01 PM, Blogger Mrs.Doyle dixo...

O mar... A praia... As olas...
Bo lugar para despedir o ano, para comenzalo... para todo.

 
At 1/03/2007 9:04 PM, Blogger moucho branco dixo...

Con esa foto pois queda como mais conceptual, unha viaxe xeneracional, :)

 

Post a Comment

<< Home