leoeosseus

Saturday, April 28, 2007

Un momento de conexión

Aquí sigo enleado cos mobles e co choio e demáis xestións e non teño tempo para postear. Aparte temos o portátil desconectado da interrede e a desconexión é aínda maior.
Esta semana que remata quería falar do meu segundo aniversario na rede ( cando empecei sendo Acedre nos EEUU ). Tamén quería falar do día do libro e de trapalladiñas que aprendo no choio e da xente do choio que caza lampreas coa fisga no río Tea de noite e respostar a recados que me mandan blogueiras pero non pode ser. Por non poder ser tampouco pode ser subir unha foto co Leo que fixo os sete meses onte e comeu carne por primeira vez na súa vida e non lle fixo muito tilín pero bueno. Do resto segue progresando e cada día proba un son bucal novo e gústalle que lle canten e lle fagan , como din por Acedre, tiligas ( cóxegas en galego normativo, cóxicas en galego de Arbo ).
E así anda o asunto todo. E mañá sairá unha reportaxe en El Progreso de Lugo e pode ser que saia unha foto do Leíño co PaideLeo. Eu non podo ir alá mercalo que mañá é a festa da lamprea en Arbo e toca paparotada.
Esta semana que vai entrar seguirei así desconectado e espero normalizar a situación na seguinte semana.
Así que pasáio ben e chauciño.

Labels: , , ,

22 Comments:

At 4/28/2007 12:18 PM, Blogger X dixo...

A ver se lle gusta a lamprea :)
Saúdos para toda a familia e chauciño.

 
At 4/28/2007 3:16 PM, Anonymous Anonymous dixo...

Cando teña tempo visite o meu blog. Alí colguei un post sobre o maternés que adico a Leo.

Mrs.Doyle

 
At 4/28/2007 10:56 PM, Blogger cris dixo...

Felicidades polo aniversario blogueiro, inspiras a moita xente.Duro coa cociña!

 
At 4/29/2007 2:13 PM, Blogger Marinha de Allegue dixo...

P A R A B E N S !!! de verdade que sempre é un gustazo pasar por aquí...

Beijos para os tres.
:)

 
At 4/30/2007 9:55 AM, Blogger Oskiña dixo...

Moitos parabéns polo teu "bloganiversario" :-)

 
At 4/30/2007 12:09 PM, Blogger *Sara dixo...

Noraboa ao Leíño e a ti tamén!! :) Agardo que nos concedas o gustazo de seguir lendo as túas historias por moitos anos máis.
Biquiños!

 
At 4/30/2007 12:30 PM, Blogger moucho branco dixo...

tranquilo, non pasamos lista, :)

sempre hai épocas nas que é mais complicado postear. Aquí agardamos, impacientes.

 
At 4/30/2007 3:17 PM, Blogger XurxoCimaDeVila dixo...

hoxe vou ir ver logo o xornal de onte a ferreira e de paso tomo un café e a ver se vos vexo a ti e a leo nel...
non traballes moito q eso de que é salud pode ser, pero na sua medida!
saudos!

 
At 5/01/2007 12:13 PM, Blogger sz dixo...

Alégrome de ver que Leo medra e dá alegrías e sobre o da Lamprea que pena non poder estar en Arbo...
Unha aperta

 
At 5/02/2007 1:16 AM, Blogger torredebabel dixo...

pois non tardes en voltar. E trae, se podes, o artigo!

 
At 5/02/2007 8:37 PM, Blogger Suso Lista dixo...

Cochéghas, dise en Corme. Por certo que miña irman Lurdes está en Arbo dando escola, ou como se chame ahora a eso.

 
At 5/03/2007 12:42 AM, Anonymous xurxocimadevila dixo...

xa vos vin os dous no progreso, saistes os dous que nin diola! daba xenio vervos!
saudos!
;)

 
At 5/05/2007 1:45 PM, Anonymous jan dixo...

Tiligas...Nunca escoitara tal, e que temos un vocabulario nesta nosa terra!

Seguro que saíchedes ben guapos na foto do progreso...Cando hai bo material!!!

Moitos bicos par aos tres.

 
At 5/05/2007 2:22 PM, Blogger Torreira dixo...

Parabens paideleo,que ben merecidos os ten

 
At 5/05/2007 5:23 PM, Blogger besbellinha dixo...

eu tiña escoitado teligas, da zona de As Pontes e por aí arriba. Estás tardando e a ver se xurxocimadevila, comparte Progreso que estaría ben botarlle un vistazo.
Bicos acedre e familia.

 
At 5/05/2007 7:56 PM, Blogger busto.agolada dixo...

Pois si que estás ben ocupado desta vez. A ver se rematas axiña esas faenas e nons segues ilustrando a vida. Saúdos e ata pronto.

 
At 5/06/2007 10:10 PM, Anonymous xulioDRabal dixo...

Se non dispós da reportaxe do Progreso téñoa eu. Dimo, que cha fago chegar.

 
At 5/07/2007 1:33 AM, Blogger dorvisou dixo...

Unha aperta...mentras esperamos.

 
At 5/07/2007 8:52 AM, Blogger Veloso dixo...

Espero que xa esta semana dispoñas de máis tempo. Alégrome dos progresos de Leo e agardo que pronto poidamos ver no teu blog a Leo no Progreso.

 
At 5/07/2007 9:07 PM, Anonymous pepe penas dixo...

Noraboa polo aniversario do Blog. Lembrome a primeira vez que vin un comentario de acedre...Costoume un chisco de traballo entender o que quería dicir eueoseeuu.
Unha aperta

 
At 5/08/2007 10:35 AM, Anonymous vanessa de santiso dixo...

Parabéns polo teu blog, e graciñas por visitar o meu. Tache ben bonito o cativo! Debe ser ben gustoso eso de velos medrar. Por certo: os iachas son unha tropa de amigos, todos de Santiso, moi enraizados todos... Calquera día achégaste a Santiso e preséntochos.
Así que andas montando mobles? Eu teño un garaxe cheo de mobles de Ikea pendentes de montar... dende hai 10 meses ..jjaajajajaaj.
Unha aperta.

 
At 5/10/2007 3:41 PM, Blogger O Breogán dixo...

Cando voltes xa o Leo vai ser un home feito e dereito!

Un saúdo e parabéns mil!

 

Post a Comment

<< Home