leoeosseus

martes, 11 de setembro de 2007

Restaurante " O Gran Botellón "

Hai días que non teño pan ou algo para meter no pan cando é a hora do bocadillo pola mañá. Tamén hai veces que me ergo tarde e non teño tempo para preparar o taco. Unha solución a estes imprevistos é ir a un restaurante ó que van varios compañeiros de cotío. Nese restaurante hai algúns detalles que me chaman a atención. Un é o " Gran Botellón " que vixía a entrada dende o aparcamento cunha cámara de vídeo. Outro detalle é o cadro de abaixo que me semella cheo de vida e que me fai pensar no que di o mozo á moza e no que estará cismando a que supoño que é a nai da moza.
Aparte destes detalles o restaurante ten un máis que bo prezo: unha boa tapa quente a escoller entre tres pratos, unha cervexa, un café e pan moreno a esgalla todo por 2,90 euros... Por ese prezo paga a pena que o " Gran Botellón " me vixíe !.


Etiquetas: ,

9 comentarios:

Ás 11/09/07, 23:31 , Blogger busto.agolada dixo...

¿Chámase Gran Botellón o bar? Apunta o nome por se algún día caemos por Vilaguindastre. Á parte de aforrar ao meollor cadramos co pai de Leo.
Saúdos.

 
Ás 11/09/07, 23:35 , Blogger paideleo dixo...

Ha, ha. Ben podería ser ese nome pero chámase " O volante ".

 
Ás 11/09/07, 23:47 , Blogger rosa enriquez dixo...

Vaia coa botella¡ Eche ben grande¡ Ao vela así, de primeiras, tiven unha visión apocalíptica: nós dentro de 40 anos, adorando a unha gran botella, arrastrándonos por un vasiño máis... Tremendo¡ Cousas miñas. Que me gustou moito esa foto da botella, sobre todo polo da vixiancia... Ten chiste¡ Un bico.

 
Ás 12/09/07, 01:25 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Come rapas que tes que criar

 
Ás 12/09/07, 01:39 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

RAPAZ con Z pido perdon

 
Ás 12/09/07, 04:42 , Blogger Arale Norimaki dixo...

2,90!! Mi madrinha, eu pensei que esas cousas xa so eran posibles en europa do leste namentres non inflen todos os prezos. Habera que pasar por ali logo, con semellante botellon, non ha de ter perda...

 
Ás 12/09/07, 15:30 , Anonymous Anónimo dixo...

A foto éche ben curiosa. De onde sacarían tal botellón?

 
Ás 12/09/07, 21:16 , Blogger Pau dixo...

menos de tres euros nestes tempos?
Non estaras a tomar o pelo?
saudos

 
Ás 12/09/07, 23:05 , Blogger paideleo dixo...

Podedes crerme ou non pero fun hoxe a iso das 9:30 da mañá e cobraronme 2,90 euriños por peituga de polo con patacas fritidas, unha Estrella Galicia, pan moreno e café só.
O botellón paréceme de cemento e a idea non sei de onde a tirarían.

Graciñas polos comentarios e mañá tócame volver. Fun á praia e non tiven tempo de mercar friame nin queixo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio