Este ano as
pupieiriñas estiveron lixeiras e o Leo máis eu recibimos dous agasallos dos que deixan pegada. Un era un fermoso libro de Kalandraka coa historia dun osiño que vai para cama despois de cear e bañarse. E o outro é o libro de rol " As crónicas de Gáidil ". Co que non contaba eu é que na páxina 61 aparecen
Acedre e o seu fillo " O León " como habitantes de Grania. Este detalle produciume un arrepío e fíxome soltar algunha bagulla de ledicia: non tódolos días un pasa a ser inmortal ó convertirse en personaxe dunha obra escrita !.
Muitas gracias
Breogán e
Jan: sabedes chegar ó corazón.
Etiquetas: interrede I
11 comentarios:
Ora o pequerucho deve ter ficado todo contente com o facto do menino do livro ter o mesmo nome que ele. Lembro quando o meu filhote era pequeno a história que mais gostava de ouvir era o Pedro e o lobo porque ele se chamava Pedro.
Um abraço
léalle moito moito ó Leo. Os libros de Kalandraka son impagables, por certo.
Un biquiño :)
Esta moi ben que o Leo se enganche na lectura de pequeno. (tamén se vaia cedo para a cama, co tempo xa perderá o costume)
parabéns, eu tamén quero ser inmortal dalgún xeito pero no sei como.
Parabéns, logo. Menuda ilusión, xa non para o pai, senón para o cativo. É unha boa forma de introducir á lectura a un neno, sendo un participante da historia.
Unha aperta.
Carai, non vira o post das pupieiriñas. Estes días estaba preparando eu un post sobre elas para poñer no Nadal. Precisamente a foto que tiña era a mesma que puxeches tí o ano pasado.
Xa non o vou facer. Pode que poña algún comentario e un link ao teu post, está xenial.
Un saudiño.
que bo!! haha
parabéns, viaxeiro XD
Señor Acedre, cuide do León, e do seu castro. Parabéns pola inmortalidade.
Non era para menos, señor de Grania. Todo o apoio que deu o blogomillo non o podiamos devolver doutro xeito que en pequenas homenaxes. Agardo sexan do agrado de todos.
Que ilusión, non?
Noraboa. Coma boa amiga estou encantada de que pases a posteridade literaria :-)
Entendoche ben, ter un lugar nun mundo único!
O meu fillo e moi afecionado aos xogos de rol, ainda que agora non ten tempo.
Mesmo escribiu tamén un libro para os seus colegas, e nesas partidas él era o master, claro.
Pasou anos coa imaxinación e a estratexia dos rol... ai, pero ven o mundo e sentaseche enriba!
;)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio