Español de telenovelas
Onte tomei o bocata por primeira vez no bar enfrente da Torredocaminho. Cando entrei estaba a camareira soa e arrimada á estufa de leña e mirando a tele. Ergueuse, saudeina e pregunteille de que había bocadillos. Ela recitou con acento estranxeiro unha lista pequena e eu escollín. Despóis de comer o bocata pregunteille de onde era e díxome que romanesa e que levaba dous meses aquí. Díxenlle que falaba español ben para levar só dous meses aquí e díxome que o aprendeu vendo telenovelas. Díxomo cunha candidez enorme e cun sorriso dunha rapaza optimista que mira o futuro sen medo. Desexeille sorte. Ela sorriu outra vez e dixo " grasias ".
Alédome de que estea aquí: este país necesita xente así.
Etiquetas: personaxes I, traballo I
17 comentarios:
Pois si que tardaches en ir, voa maneira de aprender idiomas...
Acabo de ver a foto de Leo esta moi bonitiño.
Dentro de pouco a ver quen o para...
Bqñs.
Por a verdde é que se necesitan mais persoas con estas vitalidade e ilusión
Si, e emprendedoras.
non sei por que se mira aos emigrantes como unha enfermidade, cando poden aportarnos tantísimo en todos os sentidos...
É unha boa forma de aprendelo... Tes moita razón, polo menos a rapaza demostra interese e esforzo. Alégrome de que atopase traballo tan axiña... Agora a ver se ten sorte!
Gente amiga de trabalhar precisa-se em todo o lado.
Bom Domingo
Um abraço
Admiro a facilidade co que a xente que procede de países do leste aprende idiomas. Precisamos de xente así para espabilar un pouco. A ver se tomamos nota. Bicos.
Aquí chegou unha búlgara co seu neno de unhs 7 anos, que alquilou unha casiña e agora mesmo está nunha escola- taller de xardineria que imparte o concello, pois todo o mundo está encantado con ela, é simpática e cariñosa, e aprendeu a falar rapidísimo, agora que o neno, tiñádes que velo, semella galego de toda a vida, con acento e todo, o mesmo pasou con uns venezolanos, que viñeron de cativiños ca súa nai, ele segue co acento chévere, pero eles de chévere so teñen a cor un pouco máis morenos que o resto, e ata a cor se lles aclarou, debe ser pola falta de sol, digo eu.
Un sáudo.
A emigración pode ser un mal horroroso, pero só para o que se vé obrigado a emigrar. Hai que facerllo un quisquiño mais doado.
Os meus ollos son escuros, coma as profundidades abisais onde campan seres extraordinarios.
O bocata con sabor multicultural é o mellor de todos. A capacidade de integración debería ter premio.
Grazas pola visita.
A mín asombrame a facilidade e tesón que teñen para aprender a nosa lingua,eu coñezo unha rapaza polaca que fala galego mellor que moitos da terra,e non se avergoña,estás a falar con ela e diche fálame galego que teño que aprender máis.
A necesidade de superarse vai sempre unida a de aprender.
saúdos e bico.
O que penso eu é que pouca xente coma ti lle preguntará por ela e lle desexará sorte... Punto para o Paideleo!
Apertas
Paideleo,
Nem todos a olhariam com simpatia, com um sorriso como o fizeste tu. Em geral os migrantes são olhados com desconfiança, também aí será assim, não é?
Gostei muito da tua visita. Foram muito amáveis as palavras que me deixaste. Volta sempre.
E é verdade, o teu Leo é amor de criança.
Um abraço desde a Madeira.
Muito grata pelas visitas deixo-lhe aqui o endereço do meu outro blog, onde poderá dar um pequeno passeio pelo Minho, que creio fica perto da sua terra. Um abraço, uma boa semana, e um beijão ao Leo.
como berta, penso que é o teu ollar o que a fai interesante. É unha pena que non todos vexan nela o que ti descubriches.
E poderías decirme se tiña acento venezolano? digoo polo das telenovelas :-)
Eu encanto a emigración xa estou acostumado, vivo nun concello onde conviven unhas cento cuarenta nacionalidades. Xa me contarás ti...
Iso é o que digo eu... as telenovelas, series, e pelis de fora todas con subtítulos e sen dobraxe, pode que non faga moitos amigos ... Pero así melloraríamos co Inglés seguro, que imos moi amodo con isto dos idiomas.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio