leoeosseus

xoves, 22 de novembro de 2007

O Cocheno



Esta chalana da foto non quere dicir que extrañe o verán que si o extraño. Resulta que esta chalana é de " O Cocheno ": un velliño que está durmindo ou descansando debaixo da sombrilla na praia de Abra. Espera que suba a marea para puxar a chalana ata a auga e nunca lle faltan vontarios para puxala entre a xente que toma o sol. Chámanlle cocheno porque ten o reloxio na man dereita e usa a man esquerda para todo. Cocheno vén a dicir zurdán, esquerdeiro, manecho ou home que usa máis a man esquerda que a dereita. E lembrei a este home mirando ó Leíño puxando un coche de xoguete coa esquerda e pintando nos papeis cun lapis na man esquerda. Aínda é cedo pero pode ser que o Leo saia cocheno... O tempo xa o dirá.

Etiquetas: ,

8 comentarios:

Ás 23/11/07, 01:09 , Blogger ictioscopio dixo...

Pois se sae cocheno, benvido ao clube! ;)

 
Ás 23/11/07, 10:06 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Hoje distribuição de mimos aos amigos. Só não aceita quem não fôr amigo.
Um abraço


Mais logo venho ler o post.
Um abraço

 
Ás 23/11/07, 19:56 , Blogger Fada Branca dixo...

o mesmo digo ictioscopio. Benvido Leiño o noso clube. E o do dereito a ter un nom é unha nacionalidade eu creo que se pode entender como o dereito a ter unha identidade, a saber quen se é e den onde se ven

 
Ás 23/11/07, 21:23 , Blogger vermella dixo...

Como ven dís é cedo,pero que saibas que os "cochenos" son máis listos,máis traballadores.
saúdos.

 
Ás 23/11/07, 21:31 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Non coñecía esta palabra "cocheno",
Non sei se son máis traballadores pero seica son máis listos, ou eso din.
Pero tes que esperar un pouco máis para saber de certo si o Leíno é cocheno.
Apertas

 
Ás 25/11/07, 01:45 , Anonymous Anónimo dixo...

eu era "ambidiestro" pero corrixironme o "vicio" de neno na escola. :S

saudos!

 
Ás 25/11/07, 10:48 , Anonymous Anónimo dixo...

a sabela tamén lle dá igual a man que emprega para as súas cousas; ás veces colle a culler ou o lapis coa dereita e outras coa esquerda, cousa que me dá en pensar, que de seguir así vai ser moi diplomática.... :)
saúdos e bicos para o leo

 
Ás 25/11/07, 21:56 , Blogger leco dixo...

Nós pensabamos que o pelacho tamén o había de ser pero finalmente parece que non. Din que até os catro anos ou así non acaban de se decidiren. Eu funo pero cambiáronme e creo que de aí me vén a miña desorientación espacial total; con todo eu sigo a descubrir cousas que os destros fan coa dereita e eu fago coa esquerda como repartir cartas ou atar os zapatos. E cando xogo ao tenis, ao ping-pong ou ao bádmonton, mal que ben, son incapaz de resistirme a andar cambiando a raqueta de man segunto veña a bóla ou a pluma.
Un bico grande para o Leo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio