leoeosseus

venres, 7 de decembro de 2007

O Leo xa camiña !

Onte fomos a Arbo que tocou a matanza dos porcos que practicamente foi igual que a do ano pasado e ía facer un posteo co ela. Pero o que foi importante foron os primeiros pasos sen axuda do Leo pola casa de Arbo. Houbo un momento que se soltou das mans de Ana e botou a andar cos brazos en alto, mirando para as mans e abraiado de que ninguén o agarrase. Botou unhas andadas pola cociña e polo corredor con ida e volta. Había muitos espectadores e a festa foi grande. Aledámonos de que o Leo por fin se soltase. Agora toca andar atrás del máis atentos que antes.

Para celebralo poño un vídeo do Leo bailando cunha postal musical; de momento non teño vídeo do Leo camiñando.

Etiquetas:

22 comentarios:

Ás 07/12/07, 14:10 , Blogger A lareira de Santiso dixo...

Parabéns. Que momento tan importante! A cara de felicidade do Leo ao son da postal non ten prezo.

 
Ás 07/12/07, 14:19 , Blogger oooNOEooo dixo...

Noraboa!!! Vai preparando unhas boas cordas que ten pinta de sair festeiro!! Esperamos o video deses primeiros pasiños!!

 
Ás 07/12/07, 15:25 , Anonymous Anónimo dixo...

Parabens!!!!!, que guay, quen o mirara agora inspeccionando con mais claridade todo o que lle rodea...
O das cordas non sei, pero unha vez paseando por Vigo cruceime cuns pais e os seus dous fillos, un deles tiña posto un arnes con correa estilo os que se lle poñen os cans, o certo e que tiña pinta de ser bastante inquedo...
Moitos biquiños pa todos, en especial para Leo, que os merece.

 
Ás 07/12/07, 19:35 , Blogger Fada Branca dixo...

estamos agardando o video de leiño camiñando

 
Ás 07/12/07, 20:08 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Parabens ao Leiño, agora xa vos podedes preparar para andar a correr todo o día tras dél.
Semella festeiro, preparádevos tamén para iso jejeje
Unha aperta e un bico para Leo.

 
Ás 07/12/07, 21:06 , Blogger Pau dixo...

Que ben leva o ritmo. Como lle segas a poñer esos ritmos tan bailongos vaiche sair makinero o Leo

 
Ás 07/12/07, 22:04 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Parabéns. Agora amigo é tirar de perto tudo o que ele possa chegar, porque adoram deitar tudo ao chão.
E o video dele a dançar está uma gracinha.
Aproveito para agradecer ao Leo a foto dele no meu livro de visitas.
É um presente.
Um abraço e um bom fim de semana

 
Ás 08/12/07, 11:25 , Blogger rosa enriquez dixo...

Este é o bebé máis chulo da blogosfera¡ Que cariña redonda ten. Encántame este neno. PAI-DE-LEO é vostede afortunado

 
Ás 08/12/07, 12:54 , Blogger Elianinha dixo...

Mimá!!! Pero este neno é superbonito!!! Dan ghanas de comelo.

 
Ás 08/12/07, 20:59 , Blogger Alexan dixo...

Parabens ao Leo. Da gusto velo como se menea o ritmo da música con eses ollos tan expresivos. Parece un neno moi espabilado.
Noraboa a toda a familia.
Una aperta

 
Ás 08/12/07, 22:00 , Blogger busto.agolada dixo...

Feliz momento o de ver ao fillo dando os primeiros pasos e ver que xa anda mundo. Noraboa. Saúdos.

 
Ás 09/12/07, 02:57 , Anonymous Anónimo dixo...

Agora toca partirse os cornos atrás del. Sorte na vosa persecución.

 
Ás 09/12/07, 12:11 , Anonymous Anónimo dixo...

medrar é o que ten... comezase por uns primeiros pasos e logo percorremos un longo camiño cara ao descubrimento do mundo que nos rodea e do noso mundo interior. que os pasos do leo se volvan áxiles e seguros e vós que os gocedes coa maxia de ver un novo mencer.
unha aperta
bea (toxomar)

 
Ás 09/12/07, 15:11 , Blogger O Breogán de Gáidil dixo...

Ruxe o Leooooooooooón!!!!

 
Ás 10/12/07, 17:36 , Blogger Berta Helena dixo...

Está tão giro o teu miúdo. Essa é uma fase bonita mas muito trabalhosa. Há que aproveitá-la porque passa num instante e ficamos com saudades.

Beijinho ao Leo.

 
Ás 10/12/07, 22:24 , Blogger Mer dixo...

Parabéns a Leo. Ademáis de aprender a camiñar pódese ver que tamén baila. ¡ Miña nai querida! Agora a correr detrás del para todas partes.

 
Ás 11/12/07, 23:40 , Blogger paideleo dixo...

Graciñas a todos polos comentarios e parece que de momento non hai persecucións porque non quere camiñar só.
De momento non hai vídeo tampouco, claro.

 
Ás 12/12/07, 19:42 , Blogger mamiago dixo...

Parabens!
O vídeo de primeira, e unha risa mira-lo bailar!

 
Ás 14/12/07, 18:31 , Blogger Lapis-vermello dixo...

Que cousa mais fermosa.Moitos saudos

 
Ás 15/12/07, 21:49 , Blogger Mar e Lúa dixo...

¡Que riquiño!

Este neno cada día está máis guapo. ¡Noraboa por eses primeiros pasiños!

 
Ás 17/12/07, 20:09 , Anonymous Anónimo dixo...

Ai que risas botei!!!!!!Este Leo é un personaxe!!!!

 
Ás 07/02/08, 11:45 , Anonymous Anónimo dixo...

Hola Leo!!!! Que guapisimo!!!le ensenare hoy a mis alumnos el video, es de comerte a besos!!! Te voy a mandar una tarjeta de Valentin con musica para que te des otra bailada. Espero verte muy pronto!!! Un gran apreton!!!Maria

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio