leoeosseus

venres, 4 de abril de 2008

Alberto Vázquez Figueroa

No verán de 2001 aproveitaba muitas das horas de calor despóis de xantar para ler nas escaleiras desta casa de Acedre. Daquelas a casa estaba abandonada e sen restaurar e eu lía sen molestias novelas de Alberto Vázquez Figueroa, un escritor que foi un ídolo para min muito tempo.
E onte ( bastante tarde, por certo ) enteireime de que deixa descarregar gratis a súa última novela e dá unha razón que me encantou: " En canto ao feito de ofrecelo gratuitamente en Internet teño claro que quen o descarregue na rede nunca mercaría a miña novela, ou sexa, prefiro que me lea gratis a que non me lea.
Tal vez a próxima vez se decida a mercar un libro anque non sexa meu. "

Etiquetas: , ,

12 comentarios:

Ás 05/04/08, 01:04 , Anonymous Anónimo dixo...

Encántame esta xente que ten unha cabeciña que da tanto de si.
Xa vexo, polo comentario no meu blog, que coñece vostede ben a nosa zona.
Biquiños a Leo.

 
Ás 05/04/08, 01:20 , Blogger d´Agolada dixo...

Ten moita razón, vese que escribe por gusto non por cartos, é moi dificil atopar escritores así, non saberás onde podo descargalo. se o sabes dimo, por favor. saúdos.

 
Ás 06/04/08, 11:40 , Anonymous Anónimo dixo...

Claro que está baixalo de balde pero se tes que imprimilo xa non é tan barato. Ler nunha pantalla non é o mesmo. Por certo, fai un tempo, escomencei a ler dous libros de Vázquez e non conseguín rematalos. Terei que intentalo outra vez.
A casa da foto é moi do meu gusto
Unha aperta, Pedriño.

 
Ás 06/04/08, 12:01 , Blogger Marinha de Allegue dixo...

Unha aperta desde Kompostela.
;)

 
Ás 06/04/08, 12:17 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Esas escaleiras parécenme un sitio estupendo para ler. Eu tamén d moi nova, gustaba de ler nas escaleiras da casa vella da miña aboa, unha casa que estaba medio derruída e que hoxe amañaron (deus os perdoará polo arranxo que lle fixeron, porque eu non) n fin...
Vou dscargar o libro inda que agora so teño tempo para estudar,
Apertas.
Por certo, ei contar a historia do meu nome.

 
Ás 06/04/08, 13:48 , Blogger São dixo...

A casa é de apetite.
Venho dizer-lhe que Ofir é o nome de uma povoação do Norte de Portugal!
Feliz domingo.

 
Ás 06/04/08, 15:47 , Anonymous Anónimo dixo...

Que linda casa; un bo sitio para ler.

 
Ás 06/04/08, 22:33 , Blogger elvira dixo...

Pois é sem dúvida uma razão inteligente.
Um abraço

 
Ás 06/04/08, 23:08 , Blogger Bea dixo...

Pois é unha boa razón a que da. Penso que escribe por que lle gusta e non polos cartos que poda obter dos seus libros. Eu prefiro ante todo, mercar un libro que descargalo da rede. Supoño que é a costume de collelo, e poder ir a un lugar tranquilo e poder leelo submerxindome na historia que o autor está a contar.

 
Ás 07/04/08, 19:35 , Anonymous Anónimo dixo...

Tiven que mirar na rede a súa obra para ver se lera algo del. E lin polo menos un dos seus libros: Tuareg. Gardo un bo recordo del, pero isto foi hai moitos anos, hoxe non sei se me gustaría.

 
Ás 07/04/08, 21:57 , Anonymous Anónimo dixo...

Que alucine de casa...Hai recunchos ben fermosos para ler, pero este é impresionante. En canto ao de Vázquez Figueroa paréceme moi bo o seu razoamento..Beijinhos

 
Ás 08/04/08, 11:31 , Blogger vermella dixo...

Acabasme de lembrar as escaleiras da casa da miña infancia onde eu pasaba tardes leendo,so tiñan un problema que eran de madeira vella e as veces algunha astela facía estragos na roupa e a miña nai reñíame...............
saúdos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio