O arco do trono e as reghateiras de Abril

Esta fin de semana houbo chuvias intermitentes con momentos de sol. Isto en Arbo chámanlle reghateiras de Abril. Tamén houbo momentos nos que saiu o arco do trono, nome con que se conoce o arco da vella. Eu quería fotografalo pero non o dei pillado. A ver se no futuro cazo un arco do trono.
A foto que poño é da interrede.
Etiquetas: lingua II, natureza II
18 comentarios:
Arco-iris lindo amigo.
Um abraço e uma boa semana
Cos teus escritos si que vou aprender ben o galego!
Mais lias-me un pouco cos dichos,asimesmo son moi bonitos e poeticos :
O arco do trono
Reghateiras de Abril
Bicos
P.S
Xa fixe o primeiro post en galego,cando queiras,pasate e corrixeme.
Soa un pouco a orden,non?
Non era a intencion,liome coa maneira de dexir as cousas...
podería roubarlle a foto para unha idea que teño en mente??????????
Preciosa foto e oportuno o fotógrafo.
Pedro, claro que podes darlle difusión á Xuntanza de Agolada.
Unha aperta.
O sabado apareceu on arco da vella dobre impresionate. Ia no coche e sin camara.
Foi unha pena, estes dias a atmosfera anda un pouco revolta e tardarei repetir esa visión.
Ai chegará a calor alghún día!!!!
Pois non coñecía esoutra denominacón para o arco da vella.
(Vai o home morrendo e a sua mente segue aprendendo...)
Unha aperta
Boa foto a que pillaches
eu creo que ó arco da vella non lle gustan as fotos.
E sabes de onde vén o nome de arco do trono?
Para min o arco de vella é un dos espectáculos mais fermosos da natureza. Ten algo máxico e onírico.
Que curioso o do arco do trono... e que monárquico, hehehe.
Tampouco nunca fun capaz de quitarlle unha foto ó arco da vella...
Saúdos!
Grazas polos parabéns !
Eu de pequena choraba porque quería pasar por baixo del e non podía ... agora río, porque sigo sen poder! Haha
elvira carbalho: lindo si. Escollino das imaxes de google para " rainbow ".
Boa semana tamén para ti.
ana: alédome de que os meus escritos sirvan para algo.
Tés razón cando dis que muitas palabras e ditos son bonitos e poéticos. Polo menos a min paréceme que si.
vermella: rouba sen medo que a foto tamén é roubada.
busto.agolada: xa me gustaría a min facer esa foto.
Xa publicitarei a xuntanza cando haxa máis información.
mueja: sabes que cando son dobres as cores cambian de posición coma se houbese un espello entre eles ?. Eu descubrín isto o outro día aínda.
jan: chegará, si. Non teñas medo.
chousa da alcandra: eu aprendina hai xa uns anos pero sigo aprendendo tódolos días.
pau: pilleina na interrede en google images para " rainbow ".
nébeda: faise esquivo, si. Aparte en días así de chuvia non se acostuma a levar cámara. Polo menos no meu caso.
peke: terá que ver coas treboadas, non sei.
o raposo: se non é o máis fermoso, anda cerca. Non me extraña que se crean lendas arredor del. Eu non teño claro aínda como se forman e ademáis en forma de arco.
a do outro lado: nunca pensara no senso monárquico. Simpática asociación.
enmeigada: para min é unha espiña que teño cravada aí. A ver se o consigo algún día.
anuskinha:eu quería ir á súa base pero nunca fun capaz, claro.
Penso que algún día o conseguiremos.
Graciñas a todos polos comentarios e que o seguinte arco do trono vos dea o tesouro que tan nos pés.
Estes días saín a diario coa cámara pero non tiven sorte, sempre sucede o mesmo cando hai algo interesante non tes os medios a man. Un saudo A.Cris
Concordo co raposo. Sempre me aleda o día ver o arco da vella, ten algo máxico para min.
E teño algunhas fotos del :-))
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio