O negociante
Esta casa de Vilaguindastre éche ben curiosa e non pola antea parabólica ou a videira de máis de seis metros de alto, non ho. Esta foto reflexa a parte posterior daquela tenda que retratei hai algún tempo. Seica o dono é un negociante que aforra en todo e traballa con ese camionciño que é unha reliquia. E aforrando e gañando e co que herdou pois hoxendía ten un bó anaco de Vilaguindastre.
Eu coñecinlle as dúas fillas e cunha coincidín no autobús que nos levaba ao CUVI. Un día falei co ela e díxome, co seu castelán con forte acento inglés, que eu tiña un cutis bonito.
Bueno, pasou o tempo e non sabía nada dela así que preguntei ao señor Google e díxome que hoxe exerce de profesora de economía. E supoño que será boa se sae ao pai porque como esteticista... como que non lle miraba eu muito futuro.
Etiquetas: personaxes I, vilaguindastre I
11 comentarios:
Xa contarás quen é a individua.
Gústanme as tendas porque os meus pais tamén teñen unha... Pero o que máis me gusta da foto e o pequeno camión, o símbolo dos tenderos e un pouco tamén da superación...
Gracias pola benvida. Seguiremos falando en galego sempre. Sobre todo pola rede..
Pois a min encántame a casiña! Ten un aquel de... de mentira.
Pois há um ditado que diz: "Filho de peixe sabe nadar".
Bom fim de semana
Um abraço
Ola, es o gañador de dous premios, pásate cando queiras a recollelos, polo meu blog, claro. unha aperta.
Xa ves, pasa o tempo e suceden cousas ás veces inesperadas e sorprendentes e outras veces non tanto...
Unha aperta.
:)
E logo seica consideras que tes o cutis volcánico ou?.
Unha aperta
É curioso as cousas que lembra un despois dun tempo...:-)
Eu son dos que creo firmemente que Galiza non e tan pobre como moitos din, no noso rural moitos maiores teñen moito carto, o que pasa é que debaixo da almofada está mal invertido
Mirando con atención parecenos unha cas fermosa.
Dise que quen recolle,sembra...me lio,será mais ben, que cada un recolle o que sembra.E ese home soubo sementar!
E como dixeron xa : de tal pau tal acha!
Jejeje,hoxe estou moi "ditosa"
Bicos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio