leoeosseus

Wednesday, 7 May 2008

Un rapaz con cabeza



Mentres trataba de recuperar fotos perdidas en safari fotográfico por Vilaguindastre adiante pilloume un compañeiro de choio. Este compañeiro caime ben. É un rapaz novo pero coa cabeza ben asentada e as ideas claras. Ten asumido que cobra o que cobra e non hai máis e que non hai que encapricharse por papaxadas caras que afunden a un en préstamos. Sacou o carné de conducir hai pouco e mercou un coche vello pero xeitoso e condúceo con toda calma. Encántanlle os coches antigos pero sabe que debe conformarse con posuilos só en fotos de revista. E non penses que é aburrido o rapaz. Que va !. Sabe desfrutar da vida e dicir cousas simpáticas como que a xente pouco espabilada ten menos luces ca un barco pirata.

Labels: ,

8 Comments:

At 08/05/2008, 00:27 , Blogger oko said...

é que ás veces pénsase que os máis novos non temos cabeza... e non é certo!!!

 
At 08/05/2008, 18:32 , Blogger La queue bleue said...

:D
Ai que moço prendado! (como dizem os portugas)Que bem o vendes. :P
E, mira, nom me saberás se já tem moça, ou? :P

 
At 08/05/2008, 18:39 , Blogger eNmEiGaDa said...

Pra que logo dighan que os xovenes non temos sentidiño :P. saúdos!!

 
At 08/05/2008, 21:47 , Blogger abueloscrisytoño said...

Os xovenes son o futuro, da alegria ver xente con sentidiño.

 
At 09/05/2008, 01:52 , Blogger elvira carvalho said...

Parece que dava um bom publicitário,verdade?
Um abraço

 
At 09/05/2008, 10:32 , Blogger Nébeda said...

xuventude digna de posuír ese título. si.

 
At 09/05/2008, 11:38 , Anonymous Iria said...

Hai xente que ten o don de caer ben. Un bico.

 
At 09/05/2008, 13:30 , Blogger busto.agolada said...

Amigo Pedro: Pregúntasme se no Sobreiral pasa o cochiño do Leo. Na maior parte sí. Nalgún lugar concreto habería que collelo no aire. De todos xeitos quero ir mirar como está de limpo de vexetación o camiño. Xa cho confirmarei.
Unha aperta.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home