leoeosseus

venres, 11 de xullo de 2008

Baños de aventura



Hoxe no choio falamos de como nos bañabamos cando eramos rapaces. No meu caso falei do río Louro coas súas zonas de baño da Fos, o Solombo e o Peirao. A Fos e o Solombo desapareceron coa autovía e do Peirao non sei que será pero o río está contaminado. Tamén estaban as barreiras de Centeáns a uns tres quilómetros da casa que eran iso precisamente, un sitio onde sacaban barro para facer ladrillos. Iamos ata alí e metiámonos en coiro e sen medo e iso que había bechas e tartarugas. Despóis medramos e apareceron piscinas e autobuses ata a praia e deixámonos de baños aventureiros.

A foto fíxena en marzo do ano pasado e quedei abraiado do temerarios e pouco escrupulosos que eramos.

Etiquetas: ,

12 comentarios:

Ás 11/07/08, 01:33 , Blogger Raposo dixo...

Eu metíame no embalse de Santo Estevo no Sil e como non sabía nadar usaba como flotador a cámara dunha roda de coche que apareceu flotando no rio.
Que tempos!

 
Ás 11/07/08, 07:20 , Blogger HADEX dixo...

Afortunadamente eu son da zona dos Ancares e cando era pequena iamos bañarnos aun río de augas totalmente cristalinas. Muy frías, eso sí, pero recién baixadas da montaña.
Apertas.

 
Ás 11/07/08, 10:48 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Paideleo es unha enciclopedia, estou aprendido moitísimo grazas a ti. No tiña nin idea do nome de Mexacáns. Un saudo, A.Cris.

 
Ás 12/07/08, 00:47 , Blogger d´Agolada dixo...

Eu xa son da xeración da piscina, en fin, eran outros tempos. Saúdos

 
Ás 12/07/08, 10:16 , Blogger LM dixo...

pois a nossa gerazom que nom tinha cloro, creme hidratante, fungicida e se banhava no meio de águas bem mestinhas mira que saninha saiu... beijos

 
Ás 12/07/08, 10:45 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Se podes,pása polo meu bolg, necesito a túa axuda.
Un saudo A.Cris

 
Ás 12/07/08, 19:17 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

Pois nos bañabámonos no embalse de S. Martiño (río Sil), ou ben na zona da Reza, que era a cola do embalse, ou na Pradera en Petín, máis aló da ponte romana da Cigarrosa, e ata había algún ben ousado que se tiraba dende a ponte, e tamén coma raposo os que non sabiamos nadar tiñamos un neumático dun coche a modo de flotador. O rio estaba máis limpo ca hoxe, e nos non usabamos cremas de protección solar nin para despois do sol, e paréceme que saímos bastante ben parados de todo iso.
Apertas.

 
Ás 12/07/08, 20:12 , Blogger V dixo...

Eu de ríos pouca cousa, eu bañábame no mar, e parecíame toda unha fazaña facer o morto e deixar que me abaneasen as olas. De pequena gustábame ser coma un peixe.

 
Ás 12/07/08, 20:55 , Blogger Ana dixo...

Holaaaa,xa estou de volta!

Cando era pequena,tamén íamos a un embalse cerquiña da casa e o pasavamos pipa!
Alegres recordos,verdad?

Bicos

 
Ás 12/07/08, 21:27 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Precisamente hoxe ó xantar falamos desto mesmo na casa. Eu conteilles que iamos bañarnos a un "pilón" que tiña como función acumular auga para o rego dun prado. Nel había rás e salamancas. E non tiñamos nin noxo, nin medo...nin problemas coa pel!!!

Saúdos

 
Ás 13/07/08, 11:51 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Eu aparte de bañarnos na Freixa, que xa é unha playa fluvial preparada, tamen nos bañabamos run regato que tiñamos cerquiña,hoxe en día sería imposible, está cheo de maleza.
Polo do río Louro, non sei onde quedan esas zonas que dis, pero nas Gandaras , detrás das fábricas do polígono, da pena velo.

 
Ás 14/07/08, 18:12 , Blogger Cuspedepita dixo...

Nos bañabámonos nos pozos do río Rodil, pero como eramos nenos e nenas bañabámonos con bañador.
Aprendíamos a nadar á forza, porque os máis experimentados tiraban aos menos ao medio do pozo e o instinto de supervivencia facía o resto. Eu aínda me sigo bañando alí algunha vez cada verán cos meus fillos. A auga está tan fría que che doe a pel e tes que sair cada pouco( agora o río vai todo a sombra da espesa vexetación) pero é un pracer quecer despois ao sol e sentir que non precisas nada máis para sentirte feliz que aquela sensación de pel limpa. Non hai ducha nin bañeira que consiga o mesmo efecto.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio