Deixaime que eu son así

Hai tempo topei esta foto nun libro do fotógrafo Magar e non puiden evitar fusilala. Na foto sae un coñecido de cerca de Vilaguindastre que xa morreu. Eu coñecino con máis idade e cun carriño xa motorizado. Naceu eivado e para camiñar facíao a catro patas cuns tacos de madeira nas mans para non esfolalas. Había rapaces que lle tiñan medo pola feitura tan pouco común pero el tiña bo humor e sempre sorría e ata contaba unha anécdota que lle pasara cuns portugueses. Era noite e el volvía á súa casa no carriño pero nunha curva un coche saiu da estrada e tirouno con carro e todo a unha finca. Os portugueses que ían no coche saíron berrando e botando as mans á cabeza mirando a desfeita. Entre dous agarraron á vítima e empezaron a puxar crendo que os brazos e as pernas quedaran encollidos do accidente. Muito turraban e o home chiaba e chiaba pero non o deixaron en paz ata que berrou:- Deixaime, carallo, que eu son así !.
Etiquetas: fotografía, personaxes I
10 comentarios:
Vaia historia, é que estes Portugueses xa se sabe, o que non... na entrada... na saída.
Todo broma, teño moitos amigos portugueses, que me perdoeen.
Anda, e dis que esa foto sacouna Magar, xa lle irei dicir que lle andas plaxiando as fotos jeje (é coña). A verdade é que é unha historia ben curiosa. Saúdos
paideleo, so alguen coa túa delicadeza e sensibilidade pode dar conta dunha historia coma esa coa dose xusta de riso e de respecto. Moito cho dixen pero o xornalismo galego perdeu contigo un grande grande cronista...
É moi curiosa a foto de Magar, o principio cando a vin parecíame un xoguete pero é unha cousa ben seria.... e os portugueses xa se sabe o mal que conducen.... jejejeje.
Dos mellores post que che teño lido. Por certo, a min o careto sóame, cres que o puiden coñecer?
impresionante...
simpática a anécdota si... (xdd)
Moi boa anécdota, si señor!. Fixéchesme rir un anaco.
[Extrapolando a anécdota, pódese dicir que, ao longo da nosa vida, algunha xente ten turrado por nós e non sempre temos a gallardía de dicirlles: "déixame, carallo, que eu son así"]
Aquí nunha parroquia de Agolada, en Val de Sangorza houbo un caso semellante, quero dicir eivado de nacemento. Non tiña carriño pero levaba nas mans unhas cortizas para aoiarse no chan. Viña sempre á feira e poñíaseno mesmolugar para pedir esmola (pola alma do seus defuntiños).
Outro caso que si andou nun carriño ata que tivo unha moto-triciclo que lle conseguiron os servizos sociais. Teño unha foto del de cando esteaba a moto. Algún día poñereina no blog.
Rin abondo coa túa anécdota.
Unha aperta
Que boa historia, Paideleo!
Esa frase convértese en todo un símbolo da aceptación. Para pedir aos demáis que nos deixen ser como somos, primeiro temos que aceptarnos nos mesmos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio