leoeosseus

Saturday, 12 July 2008

O can suicida



O outro día o escritor Alfredo Conde gabou ao blogueiro Suso Lista e, de paso, nomeoume a min sen querer. Adivíñolle ao escritor curiosidade pola historia que mencionei do can suicida e vou satisfacerlla.

O asunto foi hai máis de vinte anos e no centro de Vilaguindastre e nos arredores do paso a nivel. Eu pasaba a cotío por alí na ida e volta da casa ao instituto. Nunha ocasión apareceu un can pequeno de raza indefinida que nos fuxiu da beirarrúa. Eu considerei este acto como normal nun can que ten prevención con humanos descoñecidos. Pero o curioso foi que o raio do canciño se botou a un coche que circulaba. O condutor fixo unha manobra brusca e esquivouno e así safou ese día. No día seguinte xa andaba polo medio e medio dos coches e botándose a eles con movemento alegre do rabo. Os coches esquivábano pero un camión non puido esquivalo. O raio do can quedou no medio e medio e salvouse por ser pequeno que o camión lle pasou por riba sen problemas. O público estaba abraiado e quería salvar oa can pero el marchou sen deixarse atrapar. Ao día seguinte seguiu co seu deambular entre coches sen acadar o seu propósito e, nisto, baixou a barreira do paso a nivel e o can acordou un cambio de estratexia. Cando notou que o tren pasaba botouse á vía. O can era pequeno e o tren ía rápido así que o aire que rodeaba o tren tirou co can atrás sen chegar a pillalo. Desta volta a xente estaba máis que abraiada co can e os seus intentos de suicidio.

A partir daquel día non o volvín ver máis. Eu non sabía se lle cambiara a vida e decidira non suicidarse ou se conseguira o seu desexo e rematei por case esquecer o asunto. Pasou un tempo e eu andaba de paseo entre as vías a un quilómetro do paso a nivel cando descubrín o esquelete dun can. Tiña a cabeza dun lado da vía e o corpo doutro e polo tamaño e polos restos de pelo souben que era aquel can kamikaze do paso a nivel. Ao primeiro deume tristura pero logo aledeime polo can que conseguira o seu propósito. Un canciño daquel tamaño que se enfrentaba a monstruos metálicos con tanta alegría merecía un fin cinematográfico como o que tivo. Imaxino que hai que ser mui valente para apoiar o pescozo na vía e esperar que veña o tren.

Labels: , ,

15 Comments:

At 13/07/2008, 11:42 , Blogger Carlos Sousa said...

Moi boa historia, que vida can tería o pobre para chegar a ese extremo.

 
At 13/07/2008, 12:12 , Blogger Chousa da Alcandra said...

Xa me decatara eu da alusión de A. Conde a un comentario teu. De feito andiven procurando entre os teus post antigos para ver se o atopaba.
A historia é ben intrigante. Por moi "perra" que fose a vida que levaba o cadelo, ainda me estraña ben que quixera acabar con ela. Se cadra o que pretendía era facer descarrilar o tren...

Unha aperta

 
At 13/07/2008, 13:18 , Blogger Silvana said...

A historia é ben interesante. Eu tiven unha compañeira de estudios que sempre contaba que o seu gato se suicidara tirándose pola ventá, que tiña depresión. A min parecíame irrisorio. Agora escoitando tamén a tua historia, paréceme que pode ser certo. Aínda que teño unha amiga psicóloga e o veterinario da miña cadela que insisten que os animais non teñen esas cousas, que somos nós quen os personalizamos. Non lles creo. Eu penso que os animais teñen sentimentos, por suposto, e vontade tamén. Non sei.

Gustoume esta historia do can. Seguramente o abandonaron botándoo dun coche ou algo así, por eso se acercaba a eles e dáballe o rabo. Pero é máis tenro pensar no suicidio.

 
At 13/07/2008, 15:27 , Blogger Ana said...

pareceme moi triste,e non creo que quisera suicidarse. Penso como Susana,seguro que buscaba entre os coches o do seu dono...

Bicos

 
At 13/07/2008, 15:33 , Blogger d´Agolada said...

Vaia historia, é incrible e ata extraño que un can intente suicidarse e que non o consiga aínda por riba dunha forma tan patética por dicilo dalgunha maneira posto que tampouco é para botarse a rir, pero a historia está moi ben e moi ben escrita. Saúdos

 
At 13/07/2008, 20:24 , Anonymous Jan said...

Triste e curiosa...e poética, diría eu!!!

 
At 13/07/2008, 22:44 , Blogger Mr Tichborne said...

Triste historia, mais bonita. Alédome tamén polo can, dun extraño xeito.

 
At 14/07/2008, 09:54 , Blogger abueloscrisytoño said...

¡Felicidades! Alfredo Conde, sen querer púxoche unha nota moi alta, o merèces. Alguén debería recomendarlle que lese o teu blog. Un saúdo.

 
At 14/07/2008, 18:24 , Blogger Cuspedepita said...

Eu non coñecín un can coma este, pero miña irmá tiña un gato que polo visto tiña o "sindrome do gato paracaidista" :-))Despois dunha vez que caeu dende a terraza do 5º andar e saiu vivo(algún óso roto, pero vivo)había que ter moito coidado coas ventás porque, se as atopaba abertas, tirábase por elas. Como era un gato mimado ao que non lle faltaba de nada, seica lle entrou o vicio das emocións fortes e á sobredose de adrenalina.
Por sorte xa se mudaran do 5º, e os gatos teñen sete vidas, pero deulles que facer o bo do gato.

 
At 14/07/2008, 19:06 , Blogger Fada Branca said...

Incrible historia, e noraboa pola mención

 
At 14/07/2008, 19:10 , Blogger busto.agolada said...

É sorprendente saber que os animais tamén teñen instintos suicidas. É difícil comprender qué leva aos humanos a este fin tráxico e moito máis incomprensible resulta entender por qué o fai un animal. Os humanos, aparentemente temos unha vida máis complexa e unhas relacións en moitas ocasións difíciles. ?Teranas tamén os animais?
Interesante historia.
Unha aperta.

 
At 14/07/2008, 22:13 , Blogger Kaplan said...

iso é existencialismo, fóra a alma: excelente historia!

 
At 14/07/2008, 23:52 , Blogger abueloscrisytoño said...

Para poder publicar un comentario no Correo Galego hai que rexistrarse como usuario, tras varios intentos, e sen poder logralo, deixo constancia dos meus intentos.

Estimado señor Alfredo Conde: o comentario dedicado a Suso Lista pareceume excelente e ben merecido, eu teño a honra de ler devandito blog moitas veces, aínda que el non o sabe (nunca lle puxen ningún comentario) No que se refire á historia “do can suicida” recoméndolle señor Alfredo, pase por este blog.
http://leoeosseus.blogspot.com
Saberá todo sobre esta historia. Ao Cesar o que é do Cesar

Un saúdo, A. Cris - Cristina Barreiro – http://cosasabuelacris,blogspot.cm-

 
At 15/07/2008, 00:06 , Blogger abueloscrisytoño said...

Se ti queres e paréceche ben, podes mandar a mensaxe ao correo galego podes facelo no meu nome eu non fun capaz, xa sabes, copiar e pegar, ti decides
Un saúdo, A. Cris

 
At 15/07/2008, 19:02 , Blogger prometeo said...

Esta historia es merecedora del mismísimo Borges. Muy poética, como bien dijo un comentario anterior. Y sí, sería muy interesante profundizar en la motivación del pobre cadeliño. O no tan pobre. Nunca se sabe.
Un abrazo fuerte amigo.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home