Padre Nuestro pequeniño
Onte lin un posteo de Sara Jess que falaba do seu avó e que recitaba o " Padre Nuestro pequeniño ".
" Padre Nuestro pequeniño,
ghíame por bó camiño.
Alá fun, alá cheghei,
tres Marías encontrei
preghuntando por Jesús.
Jesús estaba na crus,
tamén estaba no altar
cos peciños a sangrar.
A ladiño Madalena
que llos quería limpiar.
Arretírate, Madalena;
arretírate po teu lugar,
pequeniños e grandiños
todos teño que salvar
anque teño máis pecados
ca arenas hay en la mar.
Arca cerrada
que tiene dentro
líquido de fuera,
líquido de dentro.
Alabado sea el santísimo sacramento. "
Isto fíxome lembrar escuitarllo algunhas veces á avoaM así que pedín que mo recitase como o sabe ela:
" Padre Nuestro pequeniño,
lévame por bó camiño.
Alá fun e alá cheghén,
tres Marías encontrei
preghuntando por Jesús.
Jesús estaba na cruz,
na cruz e máis no altar,
cos peciños a sangrar.
Tante, tente, Madalena,
non nos vaias maghoar
que estas son as cinco llaghas
que tenemos que pagar. "
Neste vídeo podes oílo tal e como o gravei.
Untitled .
Dobre clic en Untitled.
Etiquetas: arbo I, etnografia II, lingua III
8 comentarios:
qué interesante, nunca tal ouvira!!
Non atopo o vídeo, pero o texto está moi ben.
mola... qué ben ver cómo se reversionean!
Unha forma de abreviar o final, tampouco topo o video.
Obrigado polo video!!
...estaría ben nun rap!
Eu tampouco puiden ver o vídeo. Unha pena, porque tiña curiosidade por escoitalo :)
Gústanme moito estes posts que fas recopilando expresións ou cousas típicas que se están a perder. Neste caso non coñecía ningunha das dúas versións. ¡Xa verás cando llo conte á miña avoa, co que lle gustan estas cousas tamén a ela!
Cando volva a Galiza e lle entregue unha folla co teu post impreso xa che contarei a ver que me di.
Biquiños!
Pois aquí che vai a versión fonsagradina e irreverente do "padrenuestro pequenín ":
Padrenuestro,
pequenín,
fun ó ceo
e volvín
e topei
co meu padrín
comendo
pan e toucín
e pedinlle
un bocadín
e deume
co codelín
pró fucín.
:-))))¿Gustouche ?
O meu pai sempre nolo contaba de pequenos a meu irmán e a min, coma o Chirlo Merlo e esas cousas...
Quando eu era menina, minha avó me ensinou, mas assim.
Padre Nosso Pequenino
Padre nosso pequenino
quando Deus era menino
O Senhor é meu padrinho
A Senhora é minha madrinha
Que me pôs a mão na testa
do pecado me impeça
de noite ou de dia
ou há hora do meio dia
Já os galos cantam
Já os anjos se levantam
Já o Senhor vai na Cruz
Para sempre amen Jesus.
Como vê é diferente.
Um abraço e boas férias
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio