Refuxio de fauna
Por Vilaguindastre fanse algunhas cousas mal e unha é deixar instalar fábricas en refuxios de fauna. Se clicas na foto podes mirar a fábrica de cablerías para coches de nome " Koala ". A foto foi tirada hoxe mesmo e non ten truco.
Non hai nada como pórlle o nome dun animal a unha fábrica para que che dean a aprobación para a súa instalación nun refuxio de fauna !.
Etiquetas: natureza II, vilaguindastre I
12 comentarios:
Parece que neste mundo... quen ten cartos poder facer unha casa ata na punta dunha agulla por asi decilo... ou como dis ti polo de poñerlle o nome dun animal a fábrica... en fin.. todos sabemos en que mundo vivimos por desgracia...
Que bom que o Leo já está bom.
O Sexta esteve "marado" e não podia fazer visitas, porque não tinha acesso aos links.
Um abraço e bom fim de semana
Neste mundo tolo xa case non queda refuxio para os humanos, moito menos para os animais :-(
Saúdos dende Bos Aires.
Antón.
Pois é curioso...
Moi bo!!
A ver quen lle discute ao propietario da empresa que os koalas non forman parte da fauna.
Que bo, dende logo se teño unha empresa xa sei como chamala, a ver se así ma deixan poñer á beira do ría jajaja. Saúdos
Sen comentarios..........
Isto teno que ver Toño (o veterinario) aínda que el xa esta curado de espanto
Ë que os Koalas son unha especie en extinción aquí en Galicia.
É triste pero non é de extrañar, e si a empresa lle vai ben, e faille falta máis terreno, xa verás como llo conceden.
Ironías da vida, xa ves... A estas alturas creo que este tipo de cousas non esperta sorpresa en nós, só rabia...
Desgraciadamente, o mundo vai como vai
Estou certo que a ti gustariache moitisimo percorrrer os Paises Baixos, Holanda, Belgica,...xa sabes.
Son terra cha....pero todo limpiño, todo ordenadiño, non ves feismos, non ves lixo, nin trapalladas.....REgresamos de vacacions fai uns dias.
As veces dame vergoña de como somos, de como tratamos as cousas, cando ves por ahi adiante outras ven diferentes....E non é cuestion de cartos, senon de cultura e educacion.
Por certo, lindo o post que fixestes fai uns dia, recordei cando eu vivia en Granada. De neno.
Tamen eu, ia cambiar os Tebeos, (O Pumby- o TBO,o Jaimito e outros....tiñas que entregar os teus bellos, e unha peseta, e levabas os novos, e asi continuamente...Era un posto de compra-venda de revistas, libros e tebeos, dentro do mercado- a plaza- chamabamos nos en Granada....
Fai xa tanto tempo que non o recordaba....
Grazas por facer que o lembrara de novo.
Unha aperta.
Refuxio de fauna para "animais industriais". Quizais así o letreiro non contase mentira.
Paradoxos dos moitos que hai nesta feira mal arranxada na que vivimos.
Unha aperta.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio