Entre uvas anda o asunto
Estes días estiven bastante apartado do ordenador. Houbo falla de inspiración, falla dun adaptador que quedou atrás, lecturas pendentes e a vendima 2008.
Xa se vendimaron as tintas e a treixadura. As tintas foron boas este ano e apenas estorrexaban ( caían as uvas do cacho cando o cortas ) e encheron dúas tinallas de mil litros, un bocoi de 700 e un medio de 350 e alí quedaron a ferver. A treixadura deu uns mil cincocentos litros e mañá hai que vendimar o albariño para a adega que será o dobre do ano pasado pero non chegará á cantidade que houbo no 2006 que foi de récord.
A ver se rematando esta semana xa me poño máis co blogo.
Etiquetas: arbo I, etnografia II, natureza II
21 comentarios:
Pégalle duro a vendima, pois.
Pero non te esgotes.
Pois é o que hai, vendimar para logo saborear os viños. E en Arbo, si que hai un pouco para vendimar.
Eses termos, tinalla, bocoi e medio, non sei si quedarán logo en desuso, o usar as cubas plásticas e de aceiro.
Tempo de vindimas é muito bonito. São as vindimas, o fazer do vinho, o envasilhar, o aproveitar do bagaço, coisas que me habituei ha muitos anos atrás quando meu pai fazia vinho. E Leo fez dois aninhos há dias, verdade?
Um abraço
pois si q empezaches cedo por ahí.
Aquí, no ribeiro, a vendima empezou fai un par de dias, pero para as castes, para o viño da casa, pero ascooperativas, as bodegas todavia comenzan esta fin de semana, e por suposto darei boa conta delo.
Un saudiño!
home; pois xa sabes que serás benvido. ...entrementres non fiques bébedo de mosto.
Xa esquecía! si, a vendima, este ano tócame lonxe, e xa tampouco teño viñas, pero vou ás dos meus pais. Eu facía pouco viño e nin sequera os tres moios os daba bebido no ano (cousa de falta de entrenamento)
Dasme envexa!
ai..que boa pinta tem essas uvas...já contarás que tal o vinho.beijos
En Valdeorras tamén estamos nela.
Bicos.
parabéns pola colleita (agora a polo viño)
Benvido ao mundo virtual! :-)
Bo traballo!
Parabéns pola vendima!
Saúdos dende o sur.
Antón.
Gustoume o de lembrar a terminoloxía da vendima. En Perdecanai tamén se di tinalla, bocoi, medio, pero ademáis teñen a pipa (que deben ser 1000 litros) e a bordaleza (que deben ser 250 litros). Se non me equivoco o medio de alá ten sobre 500 litros. Segundo a zona o das medidas varía moitísimo... Cando acabes coa vosa vendima, se queres eu teño unha viña moi grande: "as cucas", que agora recolle unha curmá miña.
Eva.
Eu tamén estou de volta..¡Corre a voz!. Espero que esteades todos ben descansados das vacacións.
Pois así de repartido anda o mundo. Uns a vendimar e outros a catar. Levádeo con calma e bo humor.
Este será o primeiro ano que non vou á vendima....e é como se me faltase algo.
un bico
ei! a ver si voltas, a ver, que xa te botamos en falta!
canto boto de menos ir roubar uvas...
:D
A ver se facedes moito viño. Saudos de cousas miñas (Fátima).
Si a min tócame hoxe. Non me fai moita ilusión pero... hai que facelo. Bicos.
Ei....Benvidos por fin.
¿Estades moi morenos, ou negros por ter que regresar ao chollo....?
PAra empezar non esta mal o da vendimia, non señor....
Eu recordo unha unica vez na miña vda, que incluso pisei a uva. Foi nun pobo de Extremadura na Sierra de Gata, "Descargamaria", eu naquela epoca andaba a traballar por ali...
TEmpos.
A min gústancheme moito máis as uvas que o viño, así que se fora eu vendimar non sei cantos litros de menos che quedarían ;-)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio