Guardería
O Leo está adaptándose á guardería ós poucos: unha hora nalgúns días. E de cada vez vaise acostumando máis e xa non chora cando o levamos e xa non di " Coli. No. " e sorrille ás educadoras.
Hoxe houbo unha reunión onde se falou de horarios, comidas, merendas, medicinas, roupa, material e todo o relacionado cos nenos na guardería. E falando, falando, chegou o momento no que unha nai preguntou se cambiaría o asunto na guardería cando a trasformen nunha galescola que tiña medo de que obrigasen ós nenos a falar en galego e que aprendesen himnos e levasen un uniforme. Ela recoñecía que falaba mal o galego pero parecía destinarlle un futuro máis ignorante ó fillo negándolle que aprenda galego no, imaxinario, cincuenta por cento do tempo da guardería. Supoño que se lle din que ía ser en inglés ela había de estar toda contenta.
Bueno, non digo nada novo.
E cambiando de tema, teño que agradecer á empresa de galletas mariñeiras Daveiga porque o Leo está enganchado a elas e mantéñeno activo nestes tempos que non come muito ( na foto está a mostra ) e porque manteñen o galego nos envases.
Etiquetas: leo III, lingua III
19 comentarios:
esta moi guapiño o leo, e magoa esa nai que non ve mais alo, e de seguro que o ingles parecerialle perfecto...en fin cousas que pasan...
Manda truco (por non dicir algo peor). Hai que vixiar ao Leo, non sexa que despois lle saian orellas e rabo de demo (como dicía Josep Lluis Carod Rovira a alguén que non sabía dicir o seu nome catalán e atrevíase a dicir Schwarzenegger). Menos mal que o Leo ten bos pais, que lle han ensinar galego, castelán, inglés e o que faga falta.
Sorte na adaptación á gardería. Eva.
Que marabilla de galletas, está un mozazo!
Do medo ao galego, nada novo baixo o sol. Había que propoñerlle chinés, que é o futuro, igual quedaba máis contentiña.
Parece mentira que haxa xente, que pense que nesas escolas, vanse fabricar monstruos ou terroristas, e o único que lle falta por dicir. Unha magoa.
Aparte disto, haberá que ir arranxando o matrimonio, tí de momento vai preparando o viño, he,he.
A primeira vez que vexo estas galletas, a ver si as atopo nalgures e entendo por qué lle gustan tanto ao Leo.
O cativo está ben lindo.
Unha aperta
ai, que me ferve o sangue! o de sempre e aínda me custa tragalo. O bilingüismo é sempre unha riqueza para o neno. Claro que as señoras marquesas quérenlle o inglés para os filliños, non esta paifocada de língua, e ao final nin unha nin outra e o rapaz só fala o castelán, e cando vaia a por outra língua serálle máis duro. Pero terá o orgullo de crerse coma a xente lista de Madrid (se deran disimulado o sotaque! pero non poden)
Hai que ver como se nos cría o Leo, dá xenio velo!
Saúdos para toda a familia.
Que me vas dicir das mariñeiras, que cada vez que vou a Santiago baléirolle o estante delas ao comercio xusto! Que ledicia que o Leo as coma xa, pero ten tino, que son galegas, e escritas en galego, e igual se lle galeguizan los miolos...
apertas
Pois si que está grande, está guapísimo. Dalle bicos a Leo da miña parte.
Está ben guapiño o Leo,
Tes que ter cuidado porque como nalgúns sitios lle falarán galego e noutros castelán pois se cadra se forma un lio o neno que non vai dar aprendido a falar. Este é o razoamento que unha nai lle dicía a outra mentras esperaban a saída dos nenos na guardería.
Así que xa vedes como está a cousa, non hai que estranarse de cousas como as que contas.
Apertas.
himnos y uniformes??? madia leva!!
la medicina escasa, la más insuficiente es la de remediar la mente. Silvio dixit. E non vou ser eu quen lle quite a razón.
A verdade e que hai nais pra todo... que problema terá esa muller con que eduquen o seu fillo en galego?? xa me gustaría a min que de pequena me falasen galego... pero bueno... como ben dis ti, creo que este tema xa non é nada novo...
Cada dia o Leo está mais bonito.
Um abraço
Posso fazer uma pergunta. A que horas nasceu o Leo e em que cidade?
Não se preocupe é só para fazer uma prendinha para ele.
Um abraço
Ben, ben e requeteben....Aledome moitismo por todos vos, noraboa a tua muller, a ti, e por soposto a LEo, claro que xa veredes....se un da traballo, dous...non che digo nada.
O da garderia é todo un mundo. Eu recordo cando levamos a DAvid, o primeiro dia, a profe dandonos as instruccions, de benvida, que ao terminar, e desperdirnos, o neno levantouse tamen para vir conmigo, porque non entendia que tiña que quedar ali.....Xa ves, todos temos que cumprir etapas, asi é a vida.
E da lingua, pois non sei que queres que che diga..¿Mira eu tampouco falo nada ben o galego, e moito menos o escribo, non sei temos que ser comprensivos e flexibles, pouco a pouco a xente vai ter a lingua como propia valor intrinseco do seu pobo e cultura...¿Non si?, un feito diferenciador, algo digno de defender. Pero nunca pola forza, e como imposicion de nada...¿Non che parece?
Hai tempo que non viña por aquí, e non vexas o susto que acabo de levar ao ver a foto. Mimadriña, como pasa o tempo. Se ese rapaciño é o mesmo que, non hai moito, en "eueoseu" non era máis que unha radiografía (en fin, como se chame).
Bueno, que non terá o tempo feito con nós :)
aqui passou algo curioso. no cole de laura montaram uma campanha para que as aulas nom se dessem em galego e todas as que assinaram a petizom eram da corunha... os pais/nais dos nenos amrroquinos, argentinos, queniatas, portugueses, brasileiros, etc., tavam encantados com que a profe falasse galego. o mundo anda ao revés. beijos
Está feito un mozote o Leo. Ai, como pasa o tempo!
Nós tamén somos fans do pan mariñeiro, están de morte!! E tamén temos escoitado as parvadas esas de que lles aprenden o hino ós nenos, etc.
En fin, a ignorancia é atrevida.
Un bico
Parece que foi onte e xa case é un mociño !!!
Bicos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio