leoeosseus

venres, 26 de setembro de 2008

Javi



Vendimando o outro día mirei a Javi debaixo dunhas viñas. Polo seu físico non pode vendimar nin carrexar municos pero anda de chófer e levaba xente dunha viña a outra. Lémbroo hai anos de pé no seu chimpín correndo a bastante velocidade e coa súa melea longa ao aire. Semellaba un indio percorrendo as chairas americanas. Pero un día tivo un problema co chimpín e caiu. A trasmisión do chimpín enganchou a súa melea e arrincoulla con parte do coiro cabeludo. Dende entón loce un pano na cabeza pero non perdeu o seu humor e saber estar e así nas últimas eleccións municipais ata saiu no cartel dun partido. Eu nunca o tratei persoalmente pero tenme pinta de home botado para adiante e optimista e capaz de superar problemas.

Etiquetas: ,

5 comentarios:

Ás 26/09/08, 23:35 , Blogger Antón de Muros dixo...

vaia personaxe!

Quen non perde o humor pode sair adiante sempre.

Saúdos.

Antón.

 
Ás 27/09/08, 00:02 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

bUF
Debeu ser terrivel verse aló enghanchado :s

 
Ás 27/09/08, 01:19 , Blogger Carlos Sousa dixo...

ó fin de vilta...
Pois eu coñecindo persoalmente, e como dís tí goza de moi bo humor. Lémbrome que lle foramos a montar unha encimeira de pedra para a cociña, e cando entrábamos coa a pedra, el estaba no medio e medio a estorbar un pouquiño, e nós coa pedra na mán sin saber que dicirlle e rillando por dentro. Deuse conta de que tiña que sair, e a solución del foi meterse dentro do moble do forno, e soltounos así sin máis, "vós non seríades capaces de facer isto".

A verdade causounos graza, pero pódoche dicir que é quisquilloso como el só, menuda vista tén.

Un saúdo.

 
Ás 27/09/08, 09:50 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Na vida pasan cousas terribles, pero temos que seguir adiante, non queda outra.

 
Ás 30/09/08, 23:25 , Blogger Cuspedepita dixo...

Esta é a xente que eu máis admiro a que pase o que pase trata de superalo e non só non perde o humor, senón que é capaz de trasmitilo aos outros...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio