Adaptación do Leo

O Leo de cada vez se adapta máis á gardería e hoxe bailou para os compañeiros. Proba desa adaptación é que agora colle calquera cousa e di: " É mío ", frase que aprendeu alí e que non me gusta. O que si me gustaba era cando decía " nunca " para dicir " non ". Era chistoso. Como é chistoso como din por Arbo para dicir nunca; " cando mexen as ghaliñas ". E co verbo mexar tamén din " ese non mexa pola perneira " para falar dun tipo fino. En fin, cousas que aprende o Leo e o Paideleo.
Etiquetas: leo III, lingua III
13 comentarios:
En Perdecanai tamén din así, sobre todo para dicirlle a un neno que non debe falar mentres falan os maiores: "ti vas falar cando mexen as ghaliñas".
Un tío meu, para dicir que alguén é moi fino, ou se é muller e presume moito di: "a esa fáiselle a merda no cú ghaseosa".
E tamén temos a de "mexan por nós e din que chove". Ou a versión de "vai mexar!" pra mandar a alguén a "paseo"
Seica o Leíño xa se vai adaptando á xungla né?
Un bico :)
na minha zona disse "cando voen as galiñas". nom se utiliza o verbo mexar...
nom te apures pola fase do mío que em quanto descobrem que tenhem mais beneficios compartindo logo se lhes esquece.
beijos
debe de estar ben riquiño dicindo esas cousas ;)
Un amigo meu di ¿e lojo, onde se pode des-beber por acá?, e teño outro que o condenado sempre intentaba escribir o seu nome no aire cando mexaba, jaja
Cando era neno e algún alimento non me gustaba, minha nai decía que non mo pasaba o mexadoiro.
Tamén sempre escoitei o de mexarse de risa polas pernas arriba, que non ten moito sentido, porque en tal caso sería polas pernas abaixo, pero bueno...
Eu tamén coñezo a expresión de cando mexen as galiñas para dicir nunca.
Pois polo Centro Xeográfico, para decir que unha persoa non aporta nada á comunidade, decimos que "este pon igual ca o galo: os pes no chan".
O da alusión ás mexadas das pitas tamén a teño escoitado.
Aquí tamén se di "Cando as ras crien pelo"
O Leo comeza xa a integrarse na sociedade. E polo de é mío non te preocupes, son fases, todos os nenos as pasan.
Leo ten que defender o seu fronte aos outros :-) Iso significa que empeza ater conciencia de si mesmo como ser diferente e indepedente dos demáis, ¿non che parece?
En canto ao outro tema, sempre ría moito de nova cando a miña curmá dicía que aquelo "é máis difícil que mexar nun botello de colonia "
Bicos
pois eu non as coñecia...en fin quitalle o é mio canto antes, que senón despois...bicos
sabeliña tamén anda co tema de "míiiiiiiiiiio". así que xa se lle pasará
Non esta claro, pero nunca esta clarisimo.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio