leoeosseus

luns, 13 de outubro de 2008

Contando candeas



O Leíño prospera no seu falar e xa pronuncia a vocal " e ". As iniciais " p ", " b " e " m " trabúcaas e así Micky, Miliki e Vickie son todos " Piki " e a moto é " poto " e un moucho é " pocho ". O " r " inicial é " gh " ou " k " e así di " can " ou " ghan " para ran. Agora gústalle contar anque empeza polo " catu ", " sinco ", " sis " e volta ao catro. O outro día estaba nun parque a contar candeas e ensineille a palabra e el dixo " caenas ". Ao millor era máis fácil para el dicir " fasco " que é como lle chaman por Arbo á folla do piñeiro ou " arume " que é a palabra empregada no himno galego; pero eu prefiro ensinarlle a palabra común en Vilaguindastre: candeas.

Por certo, como lle chaman pola túa terra á folla do piñeiro ?.

Etiquetas: ,

16 comentarios:

Ás 13/10/08, 23:22 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Qué cantidade de palabras novas a aprender!!

(eu preguntárate unha vez nalgures polas meniñeiras ou medríos. Espero que algunha vez atopes máis sinónimos)

Biquiños

 
Ás 13/10/08, 23:22 , Blogger Antón de Muros dixo...

Aquí en Bos Aires, creo que lle chamamos "follas de piñeiro" ;-)

Por certo, aproveita a idade de Leo que o tempo voa :-) :-)
Eu sei o que che digo. O meu maior xa ten 18 (e o máis cativo aínda 5) uuuufffffffff

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 14/10/08, 00:15 , Blogger La queue bleue dixo...

É curioso, por algumha razom sempre pensei que candeas eram as flores do castinheiro, pero sabe deus de onde tirei isso. :)
Para mim as folhas dos pinheiros som a foupa (se me lembro, hei de lhe perguntar a meu pai como é na sua terra e ainda che venho com outra palavrinha mais).

 
Ás 14/10/08, 02:24 , Blogger ictioscopio dixo...

eu sempre o chamei pico.

 
Ás 14/10/08, 08:43 , Anonymous Anónimo dixo...

En Perdecanai chámanlle faisca. Para nós candeas son as que se lle tiran ao millo para facer estradura, é dicir, a "palla" do millo. Eva.

 
Ás 14/10/08, 10:13 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Aquí, aparte de coñecerse como fasco, tamén se lle chama bullo, a verdade que nin sei como se escribe.

Da gusto cando empezan a falar, e a soltarse, aínda bota un unhas risas, verdade?

E tranquilo, que no caso, invitaríate o polbo a feira.

 
Ás 14/10/08, 17:36 , Blogger Mer dixo...

ás follas dos piñeiros por aquí por Vigo chámanselle faíscas e pola comarca de Santiago de Compostela, iscas

 
Ás 14/10/08, 23:24 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Agora daqui para a frente é cada dia uma palavra nova, uma gracinha nova.
Um abraço

 
Ás 15/10/08, 10:56 , Blogger LM dixo...

na minha zona disse-lhes "lestas" e antes apanhavamo-las com o encinho para deita-las no lume e que prendesse melhor. beijos.

 
Ás 15/10/08, 18:24 , Blogger Suso Lista dixo...

Eu como son da Terra de Pondal, pois eso, arume. Apertas

 
Ás 15/10/08, 23:37 , Anonymous Anónimo dixo...

xa cumprin coa encomenda.
(propoño garuma)

 
Ás 16/10/08, 09:40 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Por estas terras chamase PAULO

 
Ás 16/10/08, 15:02 , Blogger Unknown dixo...

Faíscas tamén na zona da Estrada.

Beijo!

 
Ás 16/10/08, 19:51 , Blogger A Conxurada dixo...

Na miña terra chámanlle frouma, e encántame como soa, é unha das miñas palabras favoritas.

Por certo, acabo de colgar o teu encargo.

un bico

 
Ás 16/10/08, 21:29 , Blogger Cuspedepita dixo...

Por aquí chamámoslle "bullo".
Arume ten outro significado para nós: o conxunto de aros co que se fan as cestas, ou o lugar da cesta onde van.

Chuchos

 
Ás 19/10/08, 16:10 , Blogger La queue bleue dixo...

Pois polo ribeiro podes ouvir maravalha (em melóm pero n sei se se escreve assim) e frouma e tamém picos (em francelos).

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio