leoeosseus

Saturday, 18 October 2008

Crise



O cataclismo da crise anunciada xa se asomou pola Torredocaminho e deu a primeira sacudida. Neste venres despediron a tres compañeiros. De dous deles xa falara algo no blogo pero do outro aínda non dixera nada. Este compañeiro coñecémolo como o " Quiyo " porque é andaluz. Hai tempo chegou de acampada pola costa galega cuns amigos e coñeceu á que sería a súa muller. Durante uns anos víanse só nas vacacións pero logo o Quiyo deu o paso e deixou o sol e a ledicia de Sevilla por este clima noso que tal mal o fai pasar. E todo por amor. Buscou traballo e entrou na empresa esta e o venres chámano á oficina e dinlle que está na rúa despóis de seis anos e medio traballando.

A impresión foi grande para todos e non sabemos por onde seguirá atacando o mal becho da crise.

Labels:

12 Comments:

At 18/10/2008, 23:26 , Blogger Meninheira said...

Bufffffff!

 
At 18/10/2008, 23:49 , Blogger Nébeda said...

a crise provocada polos ricos pagámola os non tan ricos. éche así. bicos.

 
At 19/10/2008, 00:27 , Blogger Antón de Muros said...

Síntoo por Quiyo e a súa familia :-(

Saúdos.

Antón.

 
At 19/10/2008, 02:38 , Blogger oko said...

demasiadas vítimas para unha crise creada por uns poucos :(

 
At 19/10/2008, 03:21 , Anonymous paidovento said...

Sinto o do teu colega e alégrome do da parenta.
Unha aperta.

 
At 19/10/2008, 03:24 , Blogger diseñoweb_Eva Rei said...

Que che vou contar que non saibas. Na miña empresa cada semana hai unha sorpresa: a semana pasada botaron a unha compañeira, e ainda que levaba só dous anos xa formaba parte da nosa vida. É moi triste ver chorar a alguén cada semana...

 
At 19/10/2008, 12:17 , Blogger Silvana said...

É tremendo a de despidos que se están producindo, por a miña zona tamén hai moita xente xa no paro, e se nota, vaia si se nota, non só é a persoa que se despide senón as familias enteiras as que quedan a velas vir. Espérannos varios anos difíciles. Escoitas o único motivo que a xente ten para xustificar a falta de pagos: é que non podo, non teño cartos, eu paguei cando puiden, agora xa non teño e non me quedou máis remedio que deixar de pagar. (E dame pena ter qeu contestar que eso non é unha motivación suficiente para opoñerse as reclamacións dos bancos). Corren malos tempos e, coma sempre, cando levantemos cabeza, os ricos seguirán ahí máis ricos que nunca, apretándote a gorxa.

 
At 19/10/2008, 21:21 , Blogger rui said...

Tíñano que pagar eses beneficios indecentes dalguns sectores de hai... pouco máis dun ano. Pero eses teñen todo a ben recaudo, e somos os traballadores quen temos que lles pagar os pratos que eles romperon. Non che somos nada.
Síntoo polo teu colega.

 
At 20/10/2008, 00:25 , Blogger mamiago said...

espero que pronto pase!

 
At 20/10/2008, 10:51 , Blogger LM said...

síntoo pelo teu companheiro e muito ánimo para vós que também deveu ser um pau forte. beijinhos.

 
At 20/10/2008, 17:39 , Anonymous Paquito de Penas said...

Aí mesmo escomenza a crise para eles. Agora ben, ti máis eu, tamén xa corremos verdadeiros ríscos de herniar.

 
At 20/10/2008, 23:26 , Blogger X said...

Síntoo polo seu compañeiro e os seus e deséxolle de corazón que a crise non vaia petar á casa do Leo.
Apertas.

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home