Fin das vacacións
Pois iso; hoxe tócame volver ao choio despóis de máis dun mes de vacacións.
Atrás queda o verán revolto que tivemos e coas súas festas gastronómicas e patronais. Tamén queda atrás este cartaz de poucos meses atrás que hoxe semella de hai un século. É un cartaz dunha asociación que hai veces que se autocalifica de cultural anque cando di " una taza de vino por persona o refresco " arrinca un sorriso. Tamén escriben " sardinada ", que non existe en español: e non falemos xa dos " tikes " e da escaseza de tildes.
En fin...
Etiquetas: curiosidades III, lingua III
5 comentarios:
Home claro; é o que ten. Despois das vacacións regresamos á baixa por Síndrome postvacacional.
...no do idioma... imos deixalo, que xa me ten un pouco farto a toupa que quere voar (xa me entendes)
Unha aperta!
As acacións xa podían ser eternas... eu creo que teño o siondrome post vacacional, tres meses de vacacións e de repente... a clase... :(
saúdos!!!
Ou sexa, que si vas con tres refrescos na mán, danche polo menos tres tazas de viño e o resto, pois non está nada mal.
¿Por qué puxeron queimada en galego?
NOS A COMPAÑARA, NO SOCIO PAGARAN, todo un repertorio. Bueno si é ela quen se autocalifica de cultural, pois alá ela.
Como ves xa temos careto no perfil, obra do meu socio Beni.
Xa me contarás que che parece.
Pois, ánimo co traballo.
Non se pode vivir de vacacións, aínda que non estaría nada mal ;-)
Unha aperta.
Antón.
Cólleo con ánimo, aínda que eu son dos que penso que se existisen as vacacións eternas, serían moi aburridos. O interesante époder compaxinar períodos de traballo con intervalos vacacionais.
Unha aperta
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio