leoeosseus

mércores, 8 de outubro de 2008

Meme do millonario excéntrico


Ten razón o comentarista anónimo que di que o meme do derradeiro día é tétrico de máis. Así que vou crear un meme .
O meme chámase: o millonario excéntrico. Nel hai que nomear polo menos cinco excentricidades que poderías permitirte facer se foses millonario de poder ilimitado. No meme non pregunto polo típico que farías se foses millonario senón polo raro de máis. E agora empezo eu e como soñar é bonito e barato vou dicir cinco excentricidades:
1- Usaría calzóns e calcetíns só unha vez.
2- Aprendería a pilotar un helicóptero e voaría sempre que puidese.
3- Montaría un cámping ou hotel con hórreos abandonados que se rehabilitarían.
4- Mercaría un terreo de 100 quilómetros cadrados e pecharíao para que non entrase ningunha persoa e sería un santuario da natureza.
5- No muro de peche mandaría esculpir o meu blogo con fotos e comentarios incluidos en plan faraónico, seino, para a posteridade.
E agora mando seguir este meme a: Veca, Rui, Paidovento, Conxurada, la queue bleue, Marcus, carlos sousa, manuel l. rodrigues, meninheira, kaplan, peke, cuspe de pita, bágoas insomnes e mer. Anque pode seguilo calquera.
Na foto saen o campo de hórreos de Lindoso no norte de Portugal no ano 2002.









Etiquetas: ,

22 comentarios:

Ás 09/10/08, 00:48 , Anonymous Anónimo dixo...

Acabo de reengancharme ao blog pola túa culpa e xa atopo con outro meme. Este si que é o do día despois, jeje. MILLONARIO ILIMITADO e excéntrico. Está ben, desta si que rematarei a cidade da cultura eu soíño.
Apertas, meu.

 
Ás 09/10/08, 01:07 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

hahahaha o que me rin coas túas excentricidades!!!
En canto poida o fago (menos mal que non me pasaches o do último día, concordo no que da un mal rolloooo...)

Un biquiño e grazas por acordarte de min :)

 
Ás 09/10/08, 01:23 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Interessante essa de um santuário da natureza com placards faraónicos sobre o blog...
Isso não era poluir o santuário?
rsrs.
Um abraço

 
Ás 09/10/08, 08:10 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Haberá que pensar algo, pero non é nada doado, nunca me imaxinen millonario e moito menos excéntrico.
A ver que sae.

 
Ás 09/10/08, 08:51 , Blogger Cuspedepita dixo...

Xa boto a voar a imaxinación :-)
Imos ver que excentricidades se me ocorren ;-)

Bicos

 
Ás 09/10/08, 09:04 , Blogger BK dixo...

bueno bueno, interesantes as túas respostas, dame uns días e verás as miñas :-)

 
Ás 09/10/08, 09:22 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Este meme gustame mais, contentasrei no meu blog
Un abrazo. A.Cris

 
Ás 09/10/08, 09:33 , Blogger Mer dixo...

qué difícil!! teño que pensar, a ver se no fin de semana de súpeto apetéceme facer algo rariño e excéntrico de máis para poñelo no meme.

tiña oído falar dos muíños de picón e folón, no rosal, que aínda non os fun ver pero deste ano non pasará, buscarei info sobre estes, serán a seguiente "visita muiñeira"

 
Ás 09/10/08, 10:00 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

En el blog de nuestro amigo (paideleo) estamos invitados a contestar a dos (memes –derradeiro día – millonario excentrico) el primero me hizo pensar y el segundo me dio la respuesta. “La perla” de John Steinbck
Un saludo. A.Cris

 
Ás 09/10/08, 10:14 , Blogger rui dixo...

Pois vamos soñar!

 
Ás 09/10/08, 11:48 , Blogger busto.agolada dixo...

Dese suposto millonario gústame a idea de pechar os cen quilómetros cadrados para museo da natureza. Que lugar tan fermoso para invitar aos amigos.
Unha aperta.

 
Ás 09/10/08, 16:27 , Anonymous Anónimo dixo...

Enteirado. En canto poida, fareino. Dende logo, a idea é boa.
Por certo, iso de poñer calzóns unha soa vez pódese interpretar de moitas maneiras.

 
Ás 09/10/08, 19:51 , Anonymous Anónimo dixo...

Cada vez son menos excéntrica, pero farei o que poida.

 
Ás 09/10/08, 19:54 , Anonymous Anónimo dixo...

vale, tomo nota, pero déame tempo porque non estou nada afeito a ser rico, e teño que pensar un pouco.

 
Ás 10/10/08, 12:05 , Blogger Raposo dixo...

Tamén poderías invertir o diñeiro en rematar as obras do AVE, oh!

 
Ás 10/10/08, 12:28 , Blogger fgul dixo...

...pois nada: Haberá que cumplimentar ese meme logo...

 
Ás 10/10/08, 20:23 , Anonymous Anónimo dixo...

¿Que tal lle vai a tua muller co do embarazo....?
Dos libros non che digo, nada, cando teña tempo vou a ver si che mando un archivo de afiches antigos do peliculas, que recibin o outro dia, e moi fermoso.
E do demais,,,,pois xa vedes, imos.

 
Ás 10/10/08, 22:31 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

Xa fixen os deberes :)

Un biquiño *

 
Ás 11/10/08, 00:57 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Passei. Deixo um abraço e votos de bom fim de semana

 
Ás 11/10/08, 12:00 , Anonymous Anónimo dixo...

a mín o que me gustaría facer é levantar barricadas nas cidades e asaltar tódolos bancos e logo tirar os cartos dende o alto dos edificios.

 
Ás 11/10/08, 18:19 , Blogger insomniorizar dixo...

jajajajjajaja, a ver a ver, eu...

 
Ás 16/10/08, 13:00 , Blogger Mer dixo...

MEME cumprido, un pouco tarde, pero bueno

Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio