leoeosseus

xoves, 13 de novembro de 2008

Risos



O Leo aprende palabras rapidamente pero tamén ten erros e malentendidos simpáticos. Hai uns días cando quería dicir " piratas " dicía " patas " e agora xa avanzou un paso máis e di " patatas " e non hai xeito de que diga " piratas ". O outro día pregunteille: " Encendemos a tele ?. Que queres mirar; o que boten ? " e el respondeu todo cheo: " Si !. Boten ! ". Por sorte para Leo imos conseguindo DVDs infantís como o de Robinson Crusoe. Nesta versión hai un momento no que fala co loro e di: " Tengo que empezar un diario para no perder la cuenta de los días que llevo en la isla " e vai e empeza polo 30 de febreiro !. Calquera se fía das contas de Robinson Crusoe !.

Nada, que entre o Leo e detalles así boto uns risos.

Etiquetas: ,

12 comentarios:

Ás 14/11/08, 10:30 , Blogger fgul dixo...

ben; confundir piratas con patatas pode levar a cabreo inmenso aos mencionados patapalos.

Imaxinemos: "eu son capitán patata, o meu nome é "sacocheunollo""

...non sei non sei

 
Ás 14/11/08, 13:09 , Anonymous Anónimo dixo...

Non hai dúbida de que o neno xa se decatou que este mundo precisa dun cambio profundo, jeje.
O que non teño claro é quen foi o que se dou conta do 30 de febreiro, se foi o pai ou o fillo?
Unha aperta dende a inconstancia :-)

 
Ás 14/11/08, 18:07 , Blogger Mer dixo...

unha das etapas máis divertidas dos nenos é cando empezan a chapurrear

 
Ás 14/11/08, 20:17 , Blogger busto.agolada dixo...

Aínda che quedan moitos risos que botar co Leo e co/coa futurible. Non é arriscado augurarche uns vindeiros anos moi prometedores.
Vexo como o Leo vai progresando moi positivamente nas capacidades lingüísticas.
Apertas para todos

 
Ás 16/11/08, 21:18 , Blogger Son Unha Xoaniña dixo...

O Leo está agora no mellor, quédanche uns cantos risos que botar, e mais dunha vez has quedar parvo coas súas respostas.
Bicos.

 
Ás 17/11/08, 09:49 , Blogger LM dixo...

estam tam simpáticos a esta idade...
beijos

 
Ás 17/11/08, 10:20 , Anonymous Anónimo dixo...

Por un intre sentín certa envexa. Ri, ri.

 
Ás 17/11/08, 11:53 , Blogger tangaranho dixo...

ufff...as minhas sobrinhas, dous e três anos, falam de maravilha, mas há palavras que tardarám muito em dizer. Há um dos bolechas ao que nom lhe sabem dizer o nome, som incapazes. Eu passo horas com a maior intentando ensinar-lhe: "a ver como dis: Braaaaulio...Braaaaulio...e nada..."

 
Ás 17/11/08, 19:41 , Blogger Carlos Sousa dixo...

E máis risa que vas a botar, son a leche. A sorte que tés e que vas apuntando todos eses cambios e o día de mañán poderás repetir as risas ou polo menos lembralas.

Eu, como xa che conten, teño unha pequena con case tres anos, e a pena que me queda que non me recordo o que decía meu fillo con esa idade (agora ten trece).

Agora está na fase das preguntas, e claro, teslle que contestar a todo canto che pregunta.

A disfrutar deles que logo medran.

Un saúdo.

 
Ás 17/11/08, 22:46 , Blogger mamiago dixo...

http://ourizosechicaros.blogspot.com/2008/11/eu-non-me-considero-tonto.html

 
Ás 17/11/08, 22:56 , Anonymous Anónimo dixo...

Cando David tiña mais ou menos a mesma idade de Leo, pendianos sempre que lle contaramos o conto da Nena Xena, e o pelince....(Cenicienta e o principe..)
Durante unha epoca, CArmen e mais eu, estivemos apuntando as palabras que ia Decindo....ainda deben andar porf ahi, ...era curioso.
Unha aperta

 
Ás 20/11/08, 00:17 , Blogger torredebabel dixo...

son xeniais os nenos!!!! Santiago non di "necesito", dí "neeeeeeíto" aforrando consonantes. E conxuga os verbos irregulais dun xeito encantador. Canta ledicia en corpos tan pequenos ;-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio