Galletas desavaporadas
Viaxando pola interrede adiante topei un vídeo de youtube onde falan dos blogos en galego e, curiosamente, saía algo falando deste blogo no minuto 1:37 como dicindo que era un blogo " que falaba do cotián, do familiar e do contorno " e non podo negalo. O que si me gustaría engadir é que tamén falo de detalles curiosos da lingua como palabras galegas de uso restrinxido e que gracias á interrede poden quedar rexistradas.
E hoxe quero falar das galletas " desavaporadas " que é como lle din por Arbo e Vilaguindastre a esas galletas que quedan no paquete dun día para outro e que o día seguinte están como brandas. O Leíño ten unha capacidade innata que mete medo de non querer que se desavaporen as galletas.
E isto é o familiar, cotián, do contorno e da lingua que quería dicir hoxe.
Etiquetas: interrede III, lingua III
14 comentarios:
debo dicirlle que eu son coma o leíño: non hai galleta que se me desavapore (nin de cativo, fíxese, canto máis de maior)
hahaha moi bó!!
E eu tamén sou outra "leíña" loitando contra a desavaporación (sobretodo das de chocolate hahaha).
Biquiñosss
que lambón o Leíño, témome que eu fago o mesmo as escondidas... :P
Ola! gustoume o video. Parabéns!, es famoso ;-)
Unha aperta.
Antón.
Passei. Deixo um abraço e desejos de boas festas
mati é como o leo... o monstro das "lletas"
beijos
Efectivamente o teu blog fala do cotián, pero de moito máis. A min o que máis me sorprende é a túa visión concreta da vida, o enfoque e a perspectiva con que miras o acontecer no teu arredor, sempre diverso e plural. Cómo segues o crecemento do teu fillo, o latexo da vida en Vilaguindastre, Arbo e en moitas partes de Galicia.
E as palabras, que son unha regalía que herdamos dos devanceiros e que ti fas que perduren cos teus comentarios.
Brindaremos cunha galleta para que non se desavapore e para que isto continúe moitos anos máis.
Unha aperta.
O que fai o Leiño e, precisamente, "evaporalas", carallo!!!
(Onte case chego a Vilaguindastre. Despisteime na autoestrada cando ía con dirección a Oia...)
O teu caderno fai que me sinta como na casa, no meu entorno (amigos e familiares) tamen temos unha desas verbas qque demos en chamar paveras...chirinfito, eu chamolle chirinfito, a todo aquel trebello ou acción da que non sei ou lembro o nome. Saúdos e apertas
Ás veces creo que Eva ten razón ao chamarme autista. Porque a pesar de levar máis de 13 anos en Vilaguindastre nunca oín falar das galletas desavaporadas. Con respecto ao vídeo, nel dinse verdades coma puños, a normalización lingüística estase acadando na rede grazas a, créalo ou non, xente coma ti. Bo traballo.
Eu nunca oíra a esa palabra, nos chamámoslle resesas, e claro, millor comelas frescas, como fai o leiño.
Que gustazo debe ser que te mencionen así nun video, ou nunha noticia. Parabens.
sempre gostei moito das galletiñas de limón (as famosas surtido)
Desavaporadas - tomamos nota , seguimos aprendendo. Graciñas
Mentres non teña o ánimo desavaporado e consiga seguir emprestándonos cousas,estamos de boa.
aperta
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio