Meme das colecións
Fun convidado por Palmira das bágoas insomnes a escribir sobre colecións que fixen ou facía. E gustoume o meme e vou tratar de responder.
Lembro de cando era pequeno ía os domingos ao quiosco e mercaba un sobre de soldaditos de plástico e cheguei a ter máis de 2000 soldados de nacións e épocas distintas. E un pracer dos máis grandes era topar un soldadito ou máis na area da praia que non penses que era difícil.
Tamén lle collía as pinzas de madeira da roupa a miña nai ( agora é difícil topar pinzas de madeira ). Collía a enciclopedia da casa e pintaba en cada pinza unha bandeira dun país e un número e imaxinaba que eran coches de carreiras. España gañaba sempre ( como cambiou o conto ! ).
Outra coleción que facía e case completei foi a das Joyas Literarias Juveniles que liquidaban case totalmente a miña paga semanal xa sendo un mociño. Agora gústame tela na casa e imaxinar o día que desfruten os meus fillos dela como eu desfrutei.
E agora unha pregunta aberta a todos. E ti que colecionabas ou colecionas ?.
Etiquetas: interrede III, memeoupremio
14 comentarios:
tiven unha época na adolescencia na que non sei se definila como "coleccionar" pero gustábame gardar as servilletas dos bares que levaban o nome do establecemento, sobre todo as de cando facía algunha viaxeciña
agora non me gustan as coleccións
apertas
Si que esta ben este meme.
Eu coleccionaba sellos e libros dos Cinco.
Creo que faré este meme.
Bicos
Si, ana, faino faino!
Je a verdade e que é ben curioso os dos coleccionables cando eramos pequenos. Nacemos ca idea de coleccionable, ou culturalmente o adquirimos?
será que o adquirimos xusto no intre en q todos e todas os meniños e meniñas empezamos a dicir, mio, mio, .... meu, é meu!
Jejeje, e que tal leva leo a fase dos meu, meu!?
Caracolas de mar, teño un monton na casa.
Parecido a Mer, coleccionaba palillos dos que estaban metidos nun sobre branco e levaban o nome do bar/restaurante. E tamén comecei a coleccionar postais, e sigo no tema, vou polas 400 mais ou menos.
De pequeno coleccionaba cromos, sobre todo de fútbol, claro. Máis maiorciño déuseme polos cinceiros, ata era o millor regalo que podía ter. Cheguei a ter tantos que non tiña donde poñelos, agora deben estar nunha caixa no fallado.
Agora, por desgracia, o que máis teño son eses extractos do banco, un día destes vou facer unha fogueira con eles.
Aclarado o de Vilaguindastre, normal que a miña compañeira non o coñecera.
Apertas.
Pois claro que si. Eses sobres de soldados... cheguei eu a ter máis de 30 exércitos. Os máis simpáticos eran os sobres de Astronautas e Extraterrestres.
Custaba cada sobre 25 pts. Fermosos tempos.
cantas soias literarias non chegaria a ter eu...jajajajaja, agora voltaron aq sair...agardo que teñan exito :) Saúdos
Que fermosa foto pra lembrar aqueles momentos tan inocentes de cando eramos nenos... eu coleccionaba cómics de Mortadelo y Filemón e cromos de Bola de Dragón (agora estou a lembrar cando vin a serie en Galicia: Vexeta, Vexeta! Encantoume vela en galego). Saúdos!
Eu coleccionei un montón de cousas: follas de plantas e árbores, mariposas, canicas,cromos de fútbol, novelas do oeste, moedas, selos, minerais, etc.
Cando me cansaba dunha, deixábaa. O único que sigo coleccionando de forma espórádica son os selos de correos de España.
Apertas
e o leo? que coleciona o leo?
beijos
Eu colecionaba libros, pero xa se me pasou esa teima, é demasiado traballo andar a movelos cada vez que cambias dun terceiro piso sen ascensor a un cuarto sen ascensor.
eu tamén fun (e son!) das coleccións. Sempre as comezo con entusiasmo e logo, vounas esquecendo... Así teño coleccións de libros, de collares, de revistas, de libretas, de pezas con forma de gato de todas as formas e cores e unha pequena colección de caleidoscopios. É dicir, moitas que non fan ningunha. Pero, dalgunha maneira, é unha colección de colecciones ;-)
Si que é casualidade, si!!!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio