leoeosseus

luns, 1 de decembro de 2008

Meme dos praceres confesables





Xa hai un tempiño que fun convidado pola Queue Bleue a escribir un meme sobre seis praceres do cotián. Pedín tempo e a verdade é que non o tiven nada doado para topar seis praceres cotiáns confesables pero aí os van.


1. A ducha despóis da xornada de traballo. No traballo hai cheiros intensos e muito pó así que unha ducha a presión industrial agradécese.


2. Espertar pola noite e mirar no espertador que aínda quedan duas horas ou máis de sono.


3. Aprender cousas curiosas que para a maioría dos mortais son parvadas.


4. Facer unha boa foto. Non acostuma ser a cotío pero é un pracer que ben o podería ser. Na foto mírase un pazo de Vilaguindastre a través do buraco dun ladrillo do muro de peche.


5. Que o Leo repita palabras.


6. Topar inspiración para escribir no blogo e saber que non son o único que ten interés no que escribo.


Como podes apreciar, non son nada complicado na hora de topar praceres.

Etiquetas: ,

13 comentarios:

Ás 02/12/08, 00:50 , Blogger La queue bleue dixo...

:)
Gostam-me especialmente o 3 e o 6, inda que o 2 tb mola ;)
[Graças por responderes o meme! :)]

 
Ás 02/12/08, 10:40 , Anonymous Anónimo dixo...

Non son nada malos o teus praceres.

 
Ás 02/12/08, 13:57 , Anonymous Anónimo dixo...

asumo como propios o 3 e o 6 (sen desprezar a ducha, claro)

 
Ás 02/12/08, 18:01 , Blogger Carlos Sousa dixo...

O 6 é un dos millores, pero calquera dous outros valeríame a min tamén. A foto quedouche moi ben, senon chegas a dicir nada, contaríamos que era un montaxe.
Saúdos

 
Ás 02/12/08, 18:29 , Blogger fgul dixo...

...pois si; a foto moi fermosa.

é tremendo ollar a hora e comprobar que aínda queda tempo, pero máis tremendo é que soe o espertador o domingo (no meu caso o lúns que é cando libro) e te decatas que ese día non hai que ir traballar.

Unha forte aperta.

 
Ás 02/12/08, 19:16 , Anonymous Anónimo dixo...

A foto saiuche pranchada, e identifícome co pracer número 2.
Con respecto aos "corpos abertos" o que me contaron foi que son persoas que acubillan o espírito dun defunto e actúan moitas veces posuídos por eles. Trapalladas.

 
Ás 02/12/08, 20:46 , Blogger insomniorizar dixo...

eu comparto a 4 especialemte , pero tamén a 6.

Pero eu tamén sen esquencer o primeiro café da mañá, con pan quentiño, e en boa compña despois de un mañanero! jajajaj

o frio e o q ten , q se me vai a cabesiña as cousas quentes da vida.

tamén non podo esquencer, as paisaxes que me levan e me traen do traballo, e dicir, estas terras do ribeiro.

 
Ás 02/12/08, 21:01 , Blogger Antón de Muros dixo...

Os teus praceres son ben tranquiliños.
Eu engadiría ler un libro no xardín do pazo da fotografía (que está boa)

Unha aperta.

Antón.

 
Ás 02/12/08, 23:31 , Blogger abueloscrisytoño dixo...

Para min, todos estupendos. A foto chulisima. Un abrazo. A.Cris

 
Ás 03/12/08, 12:24 , Blogger Nébeda Piñeiro Barros dixo...

coincido sobre todo no pracer nº2 :D

 
Ás 03/12/08, 12:59 , Blogger Eavesdropper dixo...

Din que os verdadeiros praceres da vida son as pequenas cousiñas non? Saúdos!!

 
Ás 03/12/08, 15:31 , Blogger George Amorim dixo...

Eu me quedo co segundo, pasame moi a menudo, e xuntaria ler un bon libro.
Bicos

 
Ás 05/12/08, 10:22 , Blogger LM dixo...

se estes som os confesaveis...como seram os outros?
beijos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio