leoeosseus

sábado, 10 de xaneiro de 2009

Farrapos


Esta é a primeira foto nocturna feita coa cámara nova en Arbo e conto con facer máis.
Onte caíron uns farrapos de neve ( é como se lle chaman ás folerpas por Vilaguindastre ) pero non callaron no chan e non os fotografei ( se queres mirar unha foto da nevarada en Vilaguindastre e saber de refráns clica aquí ). Eu cheguei tarde ao espectáculo porque o Leo anda algo pocho con febre e o nariz atascado e con voz rouca que parece un neno poseído. Anda cos ollos longos e mui mimento que non quere estar só. Supomos que será unha gripe ou un constipado que colleu nun día destes tan fríos.
Bueno, esperamos que millore para facer vida normal outra volta.

Etiquetas: , ,

8 comentarios:

Ás 10/01/09, 22:58 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Ti fedella coa cámara, que é o único xeito de tirarlle partido (tamén se pode aprender lendo o folleto de instruccións, peeeeero da unha perguiza..., á que si?).

Que se mellore o Leiño. Verdade que cando están maliños, prefería un ter ese mal en troques de que o tivera él?. Cousas de pais/nais!!!

Unha aperta

 
Ás 11/01/09, 00:53 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Por aqui anda muita gente com gripe. Esperoque o Leo tenha uma simples constipação sem problemas de maior.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 11/01/09, 01:07 , Anonymous Anónimo dixo...

Na miña terra tamén se lles chama farrapos. Pobre Leo, ha estar con esa cara tan seria e enfurruñada que el sabe poñer tan ben. Que se mellore pronto.

 
Ás 11/01/09, 03:52 , Blogger An dixo...

Hehehe, eu teño os mesmiños sintomas co Leo, sobor de todo o de mimelo,non che me gusta coller a gripe...perro que se lle vai facer...que se mellore pronto. Saúdos e apertas.

 
Ás 11/01/09, 10:39 , Anonymous Anónimo dixo...

o do leíño non ha de ser nada, vde. xa sabe, pero non hai moito tiven tamén mala a miña e sei o que se sente. ánimo.
canto á cam, parece que fai boas fotos nocturnas. iso mola.

 
Ás 11/01/09, 13:18 , Blogger Bea dixo...

Que se mellore o Leíño... andamos na época das gripes e dos constipados... con tanto frío, é normal.

 
Ás 11/01/09, 19:25 , Blogger George Amorim dixo...

Eu non sei, mas non dou calentado a casa.Fai un frio de morte!
Non me extraña co pobre leo puxerase maliño.
Que se mellore prontiño.
En Peinador tamén hubo "farrapos" e non cuajaron.A piscina esa si ten unha capa de xeo...

Bicos e un calentito para Leo

 
Ás 12/01/09, 10:22 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Xa que fai frío, que o fai (Hoxe en Ponteareas -3) polo menos houbera cuaxado a neve, sempre valía para brincar cos rapaces e tirar unhas fotos. Iso non pasa moi a menudo por aquí.

Un saúdo, que se millore o pequeno.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio