San Antonio de xaneiro
A avoaM dixo onte: " Por San Antonio de xaneiro se chove pon a pipa no fumeiro e se non chove pon a pipa no canteiro " que vén a dicir que se chove non vai haber viño ese ano porque o fumeiro é para secar a pipa e se non chove ese día vai haber viño e vaise precisar o canteiro que é a base onde se coloca a pipa.
Na foto non se apreciaba chuvia. A ver se ten razón o refraneiro.
Etiquetas: etnografia III, lingua III
7 comentarios:
Pois arestora ainda non cae gota en Ourense. En ribadavia esta tarde chuviscaba un pouco, a ver se aguanta :)
Bicos
Pois por aquí chove miudiño :)
Me parece que non va haber vino por aquí,jeje
Bicos
Tiven un tio taberneiro, dos que carretaba o viño en pelexos ás casas, e sempre dicía: nunca hai ano sin viño.
En todo caso, será mellor colleita entón.
ve-se que na corunha nom somos zona de vinho que anda a orbalhar...
beijos
Que chova, que deixe de chover.. viño ha de haber.
Teño oído de anos de seca de auga pero que faltase o viño, nunca. Quizais os anos que hai menos colleita estea máis caro pero nunca falta.
O que si é certo é que neva. E xa sabes o dos bens que soe traer. Tamén o viño.
Apertas.
a min con que faga sombra a viña...vou contento. Saúdos e apertas
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio