A señora Gloria e a isoglosa
Unha isoglosa vén sendo unha liña imaxinaria que separa dúas zonas que resolven de maneira distinta unha cuestión da fala. Así pola parroquia onde vivo pasa a isoglosa que separa a zona sur que di " teis " para a segunda forma do singular do verbo " ter "; da zona norte onde se di " tés ".
Bueno, así era cando vivía a señora Gloria hai máis de vinte anos na casa da foto. Era unha viuva cun fillo na Alemaña e que tiña unha tenda-bar. Lémbroa sempre vella e como a persoa máis parecida a unha bruxa que coñecín. Tiña pelos alborizados, nariz grande, queixo saído e ata unha verruga con pelos e o seu falar era malhumorado e era a señora máis ao norte que dicía " teis ".
Agora mudaron muito as cousas e desaparece a xente que di " teis " e " tés " e cada vez hai máis " tienes " e incluso " tenés ".
Etiquetas: lingua III, personaxes I, vilaguindastre II
14 comentarios:
Xa ves, para que despois os de Galicia bilingüe se queixen.
Por outro lado, o de "teis" nunca me sonou moi ben, na nosa zona sempre fomos de dicir "tés"
Un saúdo.
Pois nada, haberá que dicirlles aos cerebriños que fan os mapas das isoglosas que tracen a liña un pouco máis ao sur da casa da señora Gloria, se é que ainda queda alguén que diga "teis".
Eu estou co amigo Carlos e a súa lembranza a esos do bilinguismo. Unha mágoa!
Un biquiño, xa cantas semanas van?
Pois para min o "teis" vén do norte. Na Mariña tamén se di... e encántame!
Concordo con Emereci, a mín tamén me gusta "teis" pq é da minha zona...
Unha aperta.
:)
E logo pretendo aprender o galego,jejeje
Mellor falalo a minha maneira,jajaja
Bicos
hehehe; que grande verdade; "teneis" é cada vez o maior dos virus da nosa lingua.
pois que queres que che diga, eche un chisco triste non si? perdese o falar para seres cada vez máis castelanizado...agardo que o leiño sexa galego falante...se vos parece ben..claro. Saúdos e apertas
que curioso o das isoglosas porque na maioria dos casos nom há muita distancia entre umas formas e outras... ainda quedará alguém da quinta da senhora gloria que a utilice, nom?
beijos
Eu, que vivo en Vilaguindastre e case son de aquí, teño unha fala máis parecida á do Salnés ou Pontevedra (que é de onde é a miña orixe), e alí dicimos tés. Sen embargo, e malia o que dis, aínda queda moita xente que di teis. Se buscas un pouco cara Cela ou Herville escoitaralo, e senón en Salceda. Unha ex-compañeira de traballo da Picoña tamén o dí.
Aínda me queda algo de optimismo con respecto á lingua, non si?
Carlos Sousa: os de Galicia Bilingue queren iso de verdade pero con español e inglés.
Non sei se se dirá " teis " nalgún punto de Ponteareas.
pablo: aínda queda xente que di " teis " pero máis ao sur.
Graciñas pola visita e comentario.
Meninheira: non me digas que agora só admites invitados no teu blogo...
Eu non sei da conta das semanas. Sei que Xiana ha vir alá por abril.
emereci: teño entendido que tamén o din polas montañas de Lugo. A min encantar non me encanta pero resúltame normal.
Marinha de Allegue: creo que eres da costa coruñesa ou por aí. Non sei.
Ana: tranquila que a xente entende igual e máis se saben a túa orixe.
Manuel L. Rodrígues: a mágoa é que non só se perden formas distintas senón que se perde o idioma enteiro.
An: claro que é triste pero non era a miña intención entristecer senón simplemente informar e dar un toque humano ao concepto isoglosa.
O Leo aprenderá galego pero non creo que o fale rodeado como está de castelán-falantes. El xa decidirá cando medre.
Eva Rei: xa coñezo o teu falar que me encanta e non ten nada desta zona.
Por suposto que " teis " existe e ata o teño entre compañeiros de traballo que son de Salceda. En Pontellas úsano e en Mosende máis pero de Torneiros para o norte xa nada.
Como curiosidade podo dicirche que hai vinte anos a xente mui maior da zona sur de Torneiros dicía " tens ", os adultos " teis " e a xuventude " tés ".
Os que din " teis " tamén din " veis " ( do verbo " vir " ) e " pons " por " ti pós ", etc, etc.
A min o galego gústame pero o que me apaixona de verdade son as variedades dialectais.
Invitados? nonono, o meu blogue é aberto a quen queira, sería un deses erros do blogger.
Ó final entraches non?
que estrano :O
Un tema muy interesante.Sigo aprendiendo, gracias a todos. A. Cris
Son este tipo de variantes as que tamén enriquecen a nosa lingua, facéndoa viva.
(E o da señora esa...miraches se tiña algunha escoba voadora por alí?)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio