Yo no soy tonto
O comercio da foto fai como a inmensa maioría das empresas que non publicitan en galego. Supoño que non será maldade e será simple desleixo e rotina. Non mirei un cartaz deles en galego por Galicia e só mirei este da foto...en Portugal !. Non sei a quen discriminarán así con cartaces en español en Galicia e en galego en Portugal: se aos portugueses ou aos galegos ou a ambos grupos. Que cres ?.
Etiquetas: curiosidades III, lingua III
11 comentarios:
Pois vese claramente quen é o parvo non? :P
Teño visto o cartaz este en Portugal e a dúbida que teño é se saberán que está escrito en galego e non en portugués.
Grazas pola documentación ...a min cadroume sen tempo de parar a tirar a foto :)
hehe Simpática anécdota!! ...e será que o português e o galego son o mesmo idioma??
Xa sabes alguns andan do reves, non se sabe si por fastidiar ou realmente porque alguen e o parvo maior :)
Heche o que hai. Media Markt? Esa non é unha mulinacional de ofertas que non deixan de ter trampa?
Tiñan que enterarse da queixa, a ver se poñen algún letreiro en galego por aquí.
Teño un encargo para tí no meu blog, espero que che guste.
pois que si,,,que son parvos, e de feito se demostra cando intentas facer valer unha garantia alí...meteste nunha lea de tres pares de fuciños...e fanse os parvos :) SAúdos meu, coma estes por desgraza aiche moitos.
E na Francia poñerán os anuncios en chinés?.
Que cousas!
e em madrid? em ruso?
beijos
Eu penso que a mensaxe está clara: Para non ser parvo temos que aprender idiomas, ruso, alemán, galego, portugués, francés... asi eles poden poñer os carteis publicitarios aleatoriamente, no pais que cadre.
Vindo o anuncio desta cadea non che me estraña nada. De feito, o Suso e mais eu xa lle temos segunda parte a esa publicidade horrorosa. Cando sae na tele: "yo no soy tonto", os dous contestamos "pues lo disimulas muy bien".
Unha aperta.
Eu vino hoxe en Valença!! manda carallo, e en Galicia anúncianse en castellano...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio