Meme do traste galego
O outro día fun convidado polo amigo da Chousa da Alcandra a facer o meme do traste. En que consiste o tal meme ?. Mui sinxelo. Un trasteador é unha persoa que proba un produto típico da súa zona e que pensa que máis xente debería coñecer ese produto. E hai maneira máis bonita e práctica que dalo a coñecer que en forma de agasallo a alguén por medio do blogo ?. Eu penso que non. Así que eu tiña que ofrecer algo da miña zona e pensei no pan que ten sona pero non o vexo mui ideal para mandalo por correo así que vou sortear viño da terra case adoptiva de Arbo. O viño da adega As Laxas gústame e recibiu algún premio e ata hai compañías aéreas norteamericanas que o teñen na súa carta de viños !. Ademáis está feito con uvas da zona e muitos vendimadores da zona entregan as súas uvas albariñas para facelo e o avóM é un deles.
Así que se queres ter opción a recibilo na casiña totalmente de balde tés que comentar neste posteo e o día vinteoito de febreiro realizarei o sorteo para mandar o viño por correo ao gañador.
No blogo de LM podes ver unha lista das cousas que se sortean coa súa ligazón correspondente ao blogo sorteador.
Na foto saen os veículos carregados de uva albariña na entrada da adega na vendima do farturento ano 2006.
Etiquetas: interrede III, memeoupremio
20 comentarios:
De momento voume safando, je je. Menuda comellada.
Que gañas de dar conta dese viño :D
O estraño é que ninguén se acordase aínda de Suso e os seus percebes do Roncudo, jejeje.
Saúdos para os dous ;)
Pois eu xa estou líado na comellada. E pido número para o alvariño de Arbo, que ten moita sona. Mira que non hai viños no sorteo.
Respecto ó teu comentario sobre o cruceiro, decirche que a cruz xa apareceu. Seica ou disque, que un arrepentido "anónimo" non foi quen de aguantar a presión e devolveuna coa condición de que non se soubera quen fora. Cousa que pasan, agora esperar que o restauren.
Un saúdo.
Viño... Moi boa elección, aínda que de seguro que o pan tamén tiña que estar moi bo. É que calquera cousa que se coma en Galiza sabe ben :)
Saúdos!
Eu quero número para ese sorteo do Viño de Arbo; de xeito que xa me podes apuntar na lista.
Saúdos
jajaja, pois toca pensar entón ;)
Pido número para ese viño!
e eu! que número me toca????
beijos
ala, de seguro que está boísimo... número tamén para min.
Bicos
aaiiii!!. Pois se me das número compartiría ese viño con unha boa lamprea que agora estamos no tempo, non si?
Para probar o viño de Arbo tamén me apunto eu :)
¡Unha aperta!
En bo lío me metiches. Vou ver como saio do apuro. Quedo apuntado nesa lista.
Apertas.
Dame un número deses para o viño da adega AS Laxas, que como en avión non hei ir que me da medo...
:)
(cumplo co requisito de sortear e de endilgarlle o post a outros tres!)
aínda que safei, por un bo alvariño como debe ser ese de arbo ben me deixaría enlear. :-D
Pois ben...O teu blogue vai medrando e o Leíño tamén. 'Tá ben ghuapo!
Un saúdo!
Eu tamén quero... se é que non cerraches aínda o peto.
Eu tamén quero número para ese viño de Arbo.
Apertas
Déame vostede número para ese viño, porfa.
Pois eu non podo facer menos que solicitar número!!
Un saúdo.
Eu tamén quero número. E no meu curruncho tamén sorteo aljo...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio