O río ten pelos
Na foto saen barcas do río Miño na beira portuguesa un día tranquilo de verán.
Estes días de temporal dan muito para falar do tempo e así conta historias un compañeiro de cando ía ao río sendo novo. Fala de pescar taíñas ( como lle chama ás carpas ) ou lampreas e remata relatando historias de naufraxios e desaparecidos no río e como aínda non se recuperou o corpo dun sobriño que leva máis de dous anos desaparecido. Cando finaliza o seu relato hai un silencio espeso e incómodo no que todos tratamos de imaxinar o que pode pasar pola mente da familia. O silencio queda roto cando outro compañeiro finaliza a conversa cun: " O río ten pelos ", frase curta e rotunda para dicir que o río sabe dos seus desaparecidos.
Etiquetas: lingua III, natureza III, traballo II
8 comentarios:
Son moi boas estas historias curtas con frase rotunda. Estás creando un xénero blogueiro. Un saúdo.
ele saberá onde os leva...
beijos
Eu veño do mar, ¿sabes?, son o home de auga...o mar chama por mi, e de cando en vez preciso achegarme e sentir o marmullo das ondas, o salgado das mareas, pisar os graos de area baixo os mesus pés, e deixar unhas pegadas indelebles, que ninguen a de ver xamais....tanto como o meu recordo do paso por aqui...
Por eso son como o home de auga, o meu libro de poemas de agora mesmo.....
O mar é iso, pelos no rio, como falan os veciños do outro lado....
En Antas o Ulla é moi meniño e non pasa de ter provocado algunhas molladuras a un que outro; ainda que nas tostas dos muiños xa houbo quen levou os seus apuros.
O rio e o mar, cantas historias sen contar enguliron...
En Zamora houbo un barqueiro famoso pola súa habilidade para atopar afogados no Douro. O home xa morreu, así que imaxino que agora irá o río cheo de cadáveres, mentres as multitudes van en chándal polo paseo fluvial.
Adorei a foto, e a história é muito interessante.
Um abraço
vaia frase, fría, dura e cortante coma un cristal
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio