Thursday, February 19, 2009

Xiana e o castelo regadeira


O amigo paidovento descubriume unha personaxe de cómic chamada Xiana. Debuxouna Norberto Fernández para a revista Golfiño e vivía nas nubes nun mundo fantástico.
Case sería ideal para a nosa Xiana se non fose porque os debuxos non son mui idóneos para nenos.

16 comentarios:

Roxiña said...

Tamén hai un libro que ten o meu nome. Que ilusión me fixera cando o descubrín :)

Carlos Sousa said...

Home, sempre é algo, o de vivir nas nubes tampouco debe estar tan mal. E que Xiana sexa unha heroína e un bo sinal.
Un saúdo

Meninheira said...

Si, recordo estos debuxos :)

Hai uns libriños para nenos cunha nena Xiana, pero non recordo onde os vira...

oko said...

gustábanme moito esas viñetas
pero gárdallas pra cando medre un pouco ;)
(o meu sobriño, por certo, chámase xián :D)

elvira carvalho said...

E quando nasce a Xiana? E o Leo, já se fantasiou?
Um abraço e bom Carnaval

Mer said...

¿ Xiana non era a heroína esa que saía na galega? Do tebeo nunca soubera nada.

Unha aperta para a túa heroína particular.

Mer said...

por certo... qué vas facer co nome do blogue?

aopedofarelo said...

Eu non coñezo o comics, pero os debuxos son preciosos..A min tamen gustariame vivir nas nubes, as mais das veces xa estou nelas.....segun dime a miña muller claro..

Antón de Muros said...

Quizáis non teña a obriga de mudar de nome o blog...
Xiana é un dos seres queridos de Leo, non si? ;-)
"Leo e os seus"

Unha aperta.

Antón.

An said...

Coido que un dos fracasos de golfiño foi a falta de ollada critica, Xiana e unha boa obra (máis a nivel gráfico que narrativo, pero unha boa obra) pero dende logo non é para cativos :) Saúdos e apertas.

abueloscrisytoño said...

Vas ter que confornarte coa lenda na que é protagonista Colin

Kaplan said...

pois gárdellos, que o tempo logo corre

Chousa da Alcandra said...

Eso, sempre llos podes gardar para máis adiante.
E fíxome gracia a pregunta de Mer, con respecto ao nome do blog. Boeno, non sei se tiñas pensado algo nese senso; pero Xiana vai ser "dos de Leo"; polo tanto segue en pleno vigor o nome ou?

Apertas de Antas

paidovento said...

Discrepo no de que non son apropiados para nenos. Ao meu fillo sempre lle gustaron, e non polo que pensas, senón porque había espadas, loitaban... e esas cousas.

LM said...

hihihihi.... afinal vai ser ela mesma que decida que ler... e aliás os segundos sempre som mais espabilados que os filhos primeiros por isso de "sobreviver" ;-P
beijos

Mar e Lúa said...

Eu pillei a revista Golfiño xa con 9 anos ou así, e recoñezo que cando lía este cómic sempre se me ían os ollos... :S

É certo que a estas edades aínda non entenden o que a ti che preocupa, pero tamén é verdade que dende ben pequenos van asimilando todos os modelos que ven para intentar entender o concepto de "beleza" e "normalidade".

De todas formas, na Golfiño había moitas máis personaxes que seguro que lle gustarán moito tamén. Había un moi escatolóxico (pero iso si, divertidísimo) que creo que se chamaba Fis e os Biosbardos, e que a min me encantaba de cativa :)