Gañas de vivir
O outro día enteireime da morte da blogueira máis vella do mundo que era galega e non puiden máis que lembrar á galega con máis idade da que falei nunha ocasión. Enteirome de detalles dela porque hai un veciño seu traballando comigo. Unha das últimas anécdotas que me contou foi a dun día que ía a Palmira arrastrando unha póla enorme para facer leña. Apareceu un mozo por alí e decidiuse a axudala: - " Tranquila Palmira, que lla levo eu ". A Palmira non tivo millor ocorrencia que soltarlle: - " Ai, que ghalán me es. Pois leva ti esta que eu vou buscar outra ". Un exemplo de fortaleza desta muller de 107 anos de idade.
Na foto, collida no Faro de Vigo, sae Palmira atando viñas nunha rodaxe dun documental.
Etiquetas: interrede III
8 comentarios:
... sempre se van os bos e xenerosos.
Do da morte da blogueira entereime fai cousa de dous días... e encántanme as ersoas que loitan pola súa vida, é o que deberíamos facer, non tirar a toalla.
Apertas
Esa mente positiva pode ser un dos trucos da lonxevidade. Para que ía facer a viaxe valeira. Moi boa saída tivo.
Gente assim hoje já não há. Parece-me que os nossos antepassados destruíram os moldes.
Um abraço
Quen chegara alá e con esa vitalidade. E tomando un vasiño de viño ao xantar, e unha copiña de augardente cando vai frio.
Saudos.
A sabedoría popular! É que mulleres coma as de antes... xa non quedan.
hahahahaha. impresionante o de palmira.
beijos
eu teño a teoría de que é posuir ese espíritu o que fai que haxa persoas tan lonxevas!
porque unha cousa que afasta a un da vida (antes de que a vida se afaste de un) é o non "ter ansia" por nada.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio