Nesta semana pasada
O Leo desfrutou cos flocos de millo mentres bailaba a canción de Moldavia do festival de eurovisión. Non chegou a mirar o final e tampouco sei como reaccionou coa canción gañadora de Noruega " Fairytale ". A min gustoume.
Etiquetas: curiosidades IV, leo IV
9 comentarios:
¿E España qué? Outra vez campeona de Europa, non!
Ao Leo gústáronlle os bamboleos de Soralla pero por sabía como expresalo :-)
Apertas, POedriño.
O Leo está para comelo a él como se fose un anaquiño de millo tamén!!!
Non vin o festival de eurovisión; pero cheguei xusto para ver a actuación do gañador. Pareceume que tiña o arco do violín totalmente esfolado; pero ainda así soaba moi ben. Dentro da miña querencia pola música celta, o violín encaixa moi ben en todas as melodías.
Apertas (chuviñentas hoxe) de Antas
Gustouche o duendecillo nórdico??? He, he, he.....o tema estaba ben, pero a min a posta en escena paréceme demasiado circense....
Bicosss
A min tamén me gustou a canción gañadora: a voz do cantante é marabillosa, os sós de violín con moita forza e o mellor é que introduce ritmos e melodías tradicionais, que iso tamén é facer país.
Aínda que non son seguidora de Eurovisión este ano vin bastantes temas e pareceume que, en xeral, había moita calidade, sobre todo moi bos cantantes (incluída Soralla). Outra cousa son os temas (para gustos).O que botei en falta foi máis presenza das linguas propias. Abusaron de máis do inglés.
Leo bailou con Moldavia porque ten un gusto eurovisivo decente (polo menos tiña a súa gracia). Dito isto, odio Eurovisión.
Un saúdo pai, que ben se está en tan boa compañía.
O Leíño durmiuse porque xa non quería ver o que ía pasar coas votacións :P
Apertas!
O millor de Eurovisión deben de ser as votacións. Un ponse a facer pronósticos a ver a quen vai votar tal país, e case sempre acerta. Mira o caso de España, senón chega ser por Portugal e Andorra, non aparecería nin na lista.
Un desastre, para min cada día máis penoso.
Unha aperta
como medra o Leo. dentro de poco irá bailar á discoteca. saudos
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio