leoeosseus

venres, 22 de maio de 2009

Premio ao blogo maneiro





Hai uns días a amiga LM deume o premio Olha que blog Maneiro que agradezo de corazón. Entroume a curiosidade e nas miñas pescudas cheguei á conclusión de que maneiro significa interesante ou curioso así que o premio é dobremente bo se LM considera o meu blogo interesante ou curioso.


Eu teño que premiar a outros cinco así que aí van:


- magago ( variadísimo e vizoso )


- trafegando ronseis ( ensinoume muito cos seus vídeos sobre Ramón Piñeiro )


- ao pe do Farelo ( móstrame lugares galegos que non coñezo )


- turismo de Pontevedra


- marcus


Espero seguir sendo merecente deste premio.


Etiquetas: ,

11 comentarios:

Ás 22/05/09, 01:42 , Anonymous Marcus dixo...

Graciñas polo recoñecemento, aínda que recoñezo estar algo flipado polo feito de que chegue a blogues galegos unha campaña mimética brasileira.

 
Ás 22/05/09, 09:43 , Blogger Carlos Sousa dixo...

Ti si que aportas maneiras...(en plan futbolístico sería cando alguén sabe o que fai, ou ten cualidades.)

Noraboa.

 
Ás 22/05/09, 11:21 , Blogger Peke dixo...

Noraboa.

 
Ás 22/05/09, 13:27 , Blogger La queue bleue dixo...

Eu sempre identifiquei maneiro com pavero, chulo, guai... esse tipo de significados ;)

 
Ás 22/05/09, 14:21 , Blogger Barreira dixo...

Premio ben merecido. Parabens.
Saudos.

 
Ás 22/05/09, 20:42 , Blogger Pau dixo...

Parabens polo premio

 
Ás 22/05/09, 21:20 , Anonymous aopedofarelo dixo...

Pois moitas grazas, polo teu cariño, ao recordarme. Por soposto que me fai ilusion, xa sei que estas cousas son o que son...pero a todos nos gustanos saber que os que nos botan unha ollada dende o outra lado, son solidarios de nosos penas, alegrias, recordos, cousas, e olladas a este mundo irreal, virtual e cotian.
Por certo, vou ver quen raios é este blogueiro do que non tiña ni idea que fala tamen de Bustelos. como ti me dis...
Unha aperta.

 
Ás 22/05/09, 22:30 , Blogger Nemo dixo...

En nome dos tres que facemos turismodepontevedra, moitas grazas polo premio e o cariño que lle tes demostrado o noso blog. A alegria é tripe: Polo feito do premio, de que veña de ti (que tes unhas fermosas gafas máxicas para velo todo, como as do conto), e que o fagas arrodeándonos de outros blogs moito máis maneiros que o noso, e que seguimos desde hai tempo.

Unha forte aperta de Marcos, Martín e Ana.

 
Ás 22/05/09, 23:31 , Anonymous magago dixo...

Moitas grazas!

 
Ás 22/05/09, 23:41 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Parabéns.

A reflexión que fai Marcus ven a corroborar os potentes lazos que nos unen coa cultura luso-brasileira.

Apertas de Antas

 
Ás 26/05/09, 16:12 , Blogger busto.agolada dixo...

Leo segue a ser un neno fermoso e afortunado. E por riba con gustos musicais definidos. Ata lle senta de marabilla o pixama.
Moitas apertas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio