Sunday, June 14, 2009

Antítese nativa



Andar nisto dos blogos ten os seus premios e así o amigo Manuel L. Rodrigues mandoume o seu poemario " Antítese nativa ". Tamén me mandou unhas palabras que rematan así: " Sen mais, agardo goste do poemario. Como ben sabe; cando unha obra de arte inicia o voo deixa de pertencer ao seu autor para trocarse propiedade de aquel ou aquela que o desexe ter entre as súas mans. Conseguido este logro; eu, persoalmente, declárome satisfeito.

Unha forte aperta.

... e dalle saúdos ao Leo da miña parte. "

E eu, como novo propietario, vou pasar a desfrutar da súa leitura.

Graciñas, Manuel.

5 comentarios:

An said...

O dito...que a disfrutes. bo lecer

Moraima said...

A min tamén me tocou... mais estou a espera de que o autor poda mandarme o seu mail para mandarlle os meus datos, para así poder desfrutar eu tamén da sua obra.

Apertas

paidovento said...

Parabéns polo agasallo. Eu tamén visito regularmente o blog de Manuel L. Rodríguez, un rapaz asisado para a prosa. Xa me contarás se tamén o é para o verso.

Manuel L. Rodrigues said...

...pois que sexa para ben. Unha forte aperta, e graziñas pola reseña na entrada.

abueloscrisytoño said...

Pódese comprar xa nas librerias?
A.Cris