Flatoso
Leo no blogo de Francisco Castro que hai un político basco orgulloso de non saber basco. Nos comentarios hai xente que di, mui atinadamente, que non saben como unha persoa pode estar orgullosa de ignorar algo. Por iso eu podo dicir que non me presento para as eleccións europeas ( nin gañas ) pero estou flatoso ( presumido na miña aldea ) de que sei contar ata cen en basco e de que podo bautizar algúns monecos do Leo con nomes bascos e así a tartaruga chámase Dorti ( de dortoka, tartaruga en basco ) e o polbo chámase Oili ( de oilarra, polbo en basco ). Hai anos miña novia tiña un coelliño de peluche que tiña o nome de Untxi e non se pode negar a beleza desa palabra. Todo iso aprendino pola miña conta, como tamén a escribir no ordenador con máis de dous dedos e aínda non estou contento de todo porque aínda teño que mirar algunhas técolas de cando en vez e non sei tanto basco como querería.
Pero non hai problema: supoño que poderei seguir " colexiándome " no tempo libre que me deixe o parlamento europeo.
Etiquetas: interrede III, lingua IV
10 comentarios:
Unha lección maxistral. Ben dada e coa dose retranqueira precisa.
Algúns políticos nunca deixarán de sorprendernos
Eu agasalleille ó meu sobriño un polbo e unha tartaruga iguais. A tartaruga chámase Carolina, o cefalópodo non sei. E ben flatoso que estou diso!
Ata euskera sabe vostede... de certo que é unha fermosa lingua.
Vergonza allea...
eu que sempre me avergoño de ser ignorante cando descubro cousas que non sei e que debería saber para estar no mundo...
Sobran os comentarios; só subscribo o que di Larvos no blod de Francisco Castro:"Efectivamente, amigo, para falar dúas linguas con soltura hai que ter un mínimo de intelixencia que, se cadra, non todo o mundo ten".
Por certo, viches que na semana do libro organizamos unha "Festa da palabra" plurilingüe, non? http://www.blogoteca.com/snlredondela/index.php?cod=60306
Grazas polo posteo e, sobre todo, por compartir a túa lucidez. Mágoa que os que nos van representar por Europa non a teñan.
Pois si que se sente orgulloso de cousa boa oh. Quen renega de onde naceu é porque os seus veciños renegan del.
En fin, eu son galego e síntome orgulloso de selo. Eu non son vasco, e non sei se me sinto orgulloso ou non de non selo.
Saudos
O mesmo artigo leino eu, e penso que é unha paifocada facer ostentación dunha carencia, pero ben saben onde apuntan e o que queren, por iso disparan semellantes paxaradas. Saúdos e apertas meu, sintete orgulloso de saber algo noutra lingüa, sexa a que sexa, pero inda máis de saber cada un a de seu. SAúdos e apertas.
Xa sabes que algúns a única neurona que teñen úsana para un só idioma, e grazas.
Aínda me lembro do recitado que facías daquela sentencia de Baroja (moi axeitada para este caso).
Ergeltasuna da sendo ez diraden mintasuna ( a tontería é unha enfermidade que non ten remedio ).
Aínda lembro esa frase e outras, paidovento.
Chousa: non hai bo mestre senón bós alumnos e creo que ese político non está pola labor.
Mr Tichborne: non sei basco; ogallá !. Tampouco sei alemán pero aínda non morrín e poida que o aprenda.
Eva Rei: tranquila que non tés que sentir vergonza allea que non te pareces pareces en nada que se te pareces eu botaría por ti anque representases o demo.
Xa lera o da festa plurilingue e foi mágoa porque teño material en aragonés, asturianu e basco, of course. Aparte de gaélico escocés e galés. Vamos, tolemias miñas.
náufrago: gracias a ti por pasearte pola miña páxina e por darme ledicia case a diario co teu blogo. En canto a política, todos sabemos que estamos nunha plutocracia onde impera a hipocrisía e a demagoxia.
Barreira: renegar do teu é o último elo para caír na piara de porcos de onde quería fuxir o bisavó desa personaxe. Non sei como non enmendaron o erro en tantas xeracións.
An: claro que se está posicionando e dándolle un valor político a unha lingua que debería representar a todos sen distinguir idade, sexo, condición e pensamento político.
Paxaradas que se lle ocorren a políticos.
Sí ...Un libro abierto!
;-)
Cris
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio