Pingando area
Hoxe tocou praia por fin !.
Para mercar unhas empanadillas para xantar tardei muito pero polo menos aprendín un truco para cortar tortas: hai que pasar o cuitelo por auga mui quente antes e así cortas o que sexa sen desfacer nada. Na praia había un chisco de boira pero estábase ben: o Leo xogou coa area seca, coa area mollada e coas ondas que non lles ten medo. Tamén gozou dunha poza de auga quentada polo sol e pingou area do mesmo xeito que sae na foto. Logo foi metelo no coche de volta para a casa e quedar espichado a durmir.
Hai que aproveitar o bo tempo cando vén !.
Etiquetas: curiosidades IV, leo IV, natureza III
6 comentarios:
Iso é, aproveiten o tempo, que coa variablidade que estamos a ter un nunca sabe...
(pobre Leíño, co que correría e toda a emoción volveu frito para a casa)
Eu só podo acercarme os domingos a praia, vivo en Lugo capital imaxina;pero é que é matemático que os domingos faga mal tempo.....
Jajaja, Hadex ten razón. Ultimamente é cousa de que chegue a fin de semana para que se anuble todo.
Moito lles gusta a auga aos nenos!. Poucos coñezo que non disfrute moitísimo do líquido elemento. Será un dato para lembrar que algún día fomos peixes? (algún ainda segue a ser bo peixe...)
Claro que sí. Aos cativos a praia encantalles. Ata comen a area e todo.
Pero paga a pena velos disfrutar.
Saudos.
Non sou moito de praia, pero polos pequenos intento ir a menudo. E unha gozada ver como disfrutan. A ver se me estreno este ano, que aínda non tiven tempo dir.
Tamén é gracioso como se trae o coche cheo de areas.
Un saúdo
Aínda hoxe e agora que son maiorciña gústame facer iso coa area
A.Cris
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio